A Deputación financia a mellora de viais en Esfarrapada, O Sobreiro, Tourón, Taboadelo e Pazos

Ponte Caldelas
10 de decembro 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este luns unha nova achega para o municipio de Ponte Caldelas por un total de 98.603,83 euros, no marco do Plan Concellos 2019

Obras de ampliación do camiño principal de Tourón
Obras de ampliación do camiño principal de Tourón / Concello de Ponte Caldelas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este luns unha nova achega para o municipio de Ponte Caldelas por un total de 98.603,83 euros, no marco do Plan Concellos 2019.

Con estes cartos o goberno local financiará as obras de mantemento e mellora da rede de camiños municipais nos lugares de Esfarrapada, O Sobreiro, Tourón, Taboadelo e Pazos.

A institución provincial xa adxudicou o 100% dos investimentos solicitados por Ponte Caldelas ao abeiro do Plan Concellos deste ano 2018, polo cal tivo a súa disposición 956.080,08, un 75,30% máis que o ano anterior.

Con estas achegas Ponte Caldelas puido financiar este ano a humanización dos xardíns de Gerardo Carballal, a mellora da pavimentación na vila, a inversión nun servidor e sai para a casa consistorial, as actuacións musicais na Festa das Dores, a asistencia técnica para a contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e a contratación de 10 traballadores que están a desempeñar funcións no concello, entre outros gastos.