A Deputación foi a administración local española "que máis diñeiro adicou a plans de emprego"

Pontevedra
28 de novembro 2014

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres inicialmente os seus presupostos para o vindeiro ano cifrados en 148,4 millóns de euros, un 1,34% máis que o ano pasado

Pleno da Deputación de Pontevedra

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres inicialmente os seus presupostos para o vindeiro ano cifrados en 148,4 millóns de euros, un 1,34% máis que o ano pasado.

O vicepresidente económico, José Manuel Figueroa, destacou que neles se destinan 7 millóns a plans de emprego e suliñou que, nos últimos cinco anos, a Deputación destinou 64,6 millóns euros a plans de emprego que ocuparon a 8.304 personas "o que nos revela que a Deputación de Pontevedra foi a administración local española que máis diñeiro adicou a este capítulo", dixo.

"A situación económica é espectacular", presumiu Figueroa. A amortización da débeda este año é de 13 millóns a finais do 2015, a institución pontevedresa terá unha débeda de 40 millóns cando no 2009 a cifra acadaba os 100. "Este ano non incrementaremos débeda nin acudiremos a créditos", asegurou.

As contas de Deputación Provincial destinan 15 millóns a Acción Social "algo que tamén nos sitúa á cabeza de institucións da Administración Local en España", afirmou.

José Manuel Figueroa asegurou que, á marxe dos ingresos corrientes da Deputación, "a boa xestión levada a cabo" posibilitou que, nos últimos cinco anos, ingresara 72 millóns de euros procedentes de fondos europeos para desenvolver diferentes proxectos.

Nas contas provinciais, a cantidade destinada a inversión directa nos concellos será de 27,1 millóns de euros que, sumados ás transferencias de capital destinadas a investimentos, ascenden a cifra final aos 34,1 millóns.

Na súa exposición das contas ante a Corporación provincial, Figueroa adicou largo tempo ao capítulo de Deportes. Entre outras cuestións, o vicepresidente indicou que nos últimos cinco anos "pasamos de ter cero nenos en Escolas Deportivas a contar con 9.000 este ano practicando deporte gratuitamente en todos concellos e en 16 modalidades".

Ademáis salientou a partida aprobada para o novo estadio de Balaídos en Vigo (3,4 millóns euros) que fai que a Deputación de Pontevedra teña xa consignados para esta finalidade un total de 4,7 millóns euros: 1,3 millóns aprobados nunha modificación de créditos fai 15 días e os 3,4 aprobados hoxe.

VOTO EN CONTRA DA OPOSICIÿN

O voceiro do BNG, César Mosquera, valorou os presupostos como "profundamente procíclicos" é dicir, que afondan nos efectos negativos do ciclo económico, agravando a recesión, "xa que diminúe o gasto público nun momento no que a inicitiva privada non tira", dixo Mosquera que criticou que "agora se dedica a amortizar cando debería investir".

Mosquera tamén chanceou que a explicación do presuposto se centrase no deporte algo que relacionou coa intención de Rafael Louzán de presidir a Federación galega de futbol.

Ao igual que os nacionalistas o PSdeG reprochou ao goberno provincial que non atendera as súas emendas, dixo o voceiro socialista, Santos Héctor que afirmou que o presuposto da Deputación foi elaborado "pensando na campaña electoral". Sinalando que tanto os fondos para a creación de emprego coma os plans de obras nos concellos coinciden cos comicios.

Os orzamentos foron aprobados cos votos a favor do Partido Popular e o voto en contra do BNG e PSdeG-PSOE.