A Deputación inviste 5 millóns de euros en novas axudas do Plan Concellos e en cunetas transitables

Pontevedra
17 de febreiro 2023

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na reunión da Xunta de Goberno Provincial un total de 5 millóns de euros en investimentos, segundo informou a presidenta Carmela Silva destas iniciativas "para seguir garantindo dereitos e servizos na provincia"  

Cunetas transitables
Cunetas transitables / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na reunión da Xunta de Goberno Provincial un total de 5 millóns de euros en investimentos, segundo informou a presidenta Carmela Silva destas iniciativas "para seguir garantindo dereitos e servizos na provincia". 

Segundo informou en rolda de prensa, trátase de "recursos en materia de cooperación cos concellos e infraestruturas".

Concretamente, son 2,5 millóns de euros procedentes do Plan Concellos para 14 municipios nas 3 liñas que o conforman. 

A Deputación de Pontevedra tamén achegará 2,4 millóns de euros a mellora de infraestruturas, particularmente co chamado "Acordo marco de cunetas de seguridade" dirixido a todo o territorio e dotado con fondos por dous millóns de euros.

Trátase de habilitar cunetas transitables, un elemento de seguridade viaria que permite actuar con eficacia nas marxes das estradas nas que resulta imposible gañar sobre anchos. Serán 77 estradas provinciais que pasan por 50 concellos.

O convenio-marco divide a provincia en tres zonas (norte, centro e sur) que se adxudicarán cos seus respectivos lotes que só inclúen a mellora de cunetas, dado que seguirán contando cos seus propios presupostos as reformas integrais da plataforma, con urbanización, reurbanización ou senllas peonís, nas que é moi habitual que tamén haxa tramos concretos con cunetas tendidas.

Trátase de gabias prefabricadas teñen anchos de entre un e dous metros e que pola súa escasa pendente permiten camiñar por arriba delas con total normalidade polo que, na práctica, habilitan itinerarios peonís cómodos e seguros. 

A Deputación está a substituír paulatinamente as vellas cunetas, moi profundas e ademais pouco funcionais pola súa tendencia para cegarse, por este tipo de elementos transitables, nos que a drenaxe lonxitudinal das estradas combínase coa habilitación dun espazo adicional para o paso de peóns e ciclistas. Cando é necesario tamén se instalan tubaxes de drenaxe debaixo destas estruturas para garantir a correcta absorción das augas pluviais.