A Deputación rexeita as propostas da Xunta para Emerxencias e aposta por un mapa de isócronas

Pontevedra
28 de xullo 2017

O deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, apuntou a que la reunión convocada por el vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, para tratar o Mapa de Emerxencias foi unha encerrona, unha chantaxe e unha perda de tempo

A Deputación critica á Xunta de Galicia pola falta de solucións para o Plan de Emerxencias / PontevedraViva

A Deputación de Pontevedra anunciou que no vindeiro Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento presentarán un informe concreto baseado nun mapa de isócronas para resolver a rapidez na intervención dos bombeiros ante calquera situación de emerxencia nos concellos da provincia.

Así o afirmaba o deputado provincial Carlos López Font que, nas últimas horas, mantiña un encontro na Xunta de Galicia co vicepresidente Alfonso Rueda e cos representantes das institucións provinciais de Ourense, A Coruña e Lugo para tratar o plan de emerxencias.

Con todo, López Font definiu este encontro como unha das peores reunións da súa vida política e cualificouna de "indignante", "encerrona para hacernos un chantaje" ou "pérdida de tiempo" indicando que Alfonso Rueda presentara "un papelito" no que establecía acordos sobre modelo de xestión que convidaba a asinar como condición para despois tratar o resto de problemas relacionados coas emerxencias.

O deputado do goberno provincial indicou que ese documento non van sometelo a ningunha consideración porque non van entrar no xogo da Xunta de Galicia. 

López Font indicou que neste momento co plan comarcal de bombeiros, elaborado por Rueda e o anterior presidente da Deputación, Rafael Louzán, non se pode garantir unha actuación nun tempo menor a 20 minutos por parte dos servizos de Emerxencias en distintos puntos da provincia.

Ante esta situación, o goberno provincial quere establecer un mapa baseado en isócronas, de forma que se estableza intervalos de tempo similares para os distintos Concellos. López Font indicou que para acometer este plan sería necesario crear un parque comarcal con xerarquía e establecer diferentes instalacións na provincia.

"Hay que cambiar el modelo", afirmou e realizou un chamamento para que se reúna a comisión técnica para tratar este tema. Sinalou que desde o 26 de abril, a Deputación presentara dous documentos para sometelos a debate para mellorar o actual plan de emerxencias e, a pesar de contar cos votos favorables dos representantes da Xunta no consorcio, non se apoiaron desde o goberno autonómico.

O convenio dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) finaliza o 21 de decembro de 2018.

INICIATIVAS NO PARLAMENTO

Coa mesma intención, a deputada socialista Patricia Vilán rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento nas que lle reclama á Xunta que "revise o modelo de xestión" de emerxencias "mediante a implantación dun mapa baseado nas isócronas".

A deputada parlamentaria lembra que os problemas na extinción do incendio de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade, foi a última evidencia de que o modelo actual "necesita unha urxente revisión".