A directora xeral de Traballo, Verónica Martínez, encabezará a lista de Sumar en Pontevedra

Pontevedra
14 de xuño 2023

Verónica Martínez é unha persoa da máxima confianza da ministra Yolanda Díaz e, curiosamente, ocupará o número 1 da candidatura desta nova formación pola provincia de Pontevedra, pola que ela mesma presentouse nas pasadas eleccións xerais

Verónica Martínez Barbero
Verónica Martínez Barbero

A directora xeral de Traballo, Verónica Martínez Barbeiro, será a cabeza de lista de Sumar ao Congreso por Pontevedra.

Verónica Martínez é unha persoa da máxima confianza da ministra Yolanda Díaz e, curiosamente, ocupará o número 1 da candidatura desta nova formación pola provincia de Pontevedra, pola que ela mesma presentouse nas pasadas eleccións xerais.

Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo e inspectora de Traballo en excedencia, Martínez Barbeiro, asturiana de nacemento, pero residente durante moitos anos en Baiona, foi presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais de 2017 a 2020, cando foi nomeada directora xeral de Traballo.

Como inspectora de Traballo Martínez Barbeiro está especializada en materias como a igualdade no ámbito laboral, as modalidades de contratación e a mediación. Exerceu como profesora naEscola de Relacións Laborais da Coruña e como árbitra do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA).