A Escola da Restauración saca á rúa o seu conflito

Pontevedra
26 de setembro 2013

Co propósito de facer visible a súa situación de conflito alumnado e profesorado da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia protagonizou este xoves unha ⿿cacerolada⿿ diante da sede da Subdelegación do Goberno na Plaza de España. Este xoves remataron un peche no centro durante 24 horas no que aproveitouse para falar da situación dos estudos e para deseñar as próximas mobilizacións a desenvolver ata conseguir a ansiada reunión co Conselleiro de Educación

Co propósito de facer visible a súa situación de conflito alumnado e profesorado da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia protagonizou este xoves unha ⿿cacerolada⿿ diante da sede da Subdelegación do Goberno na Plaza de España.

Este xoves remataron un peche no centro durante 24 horas no que aproveitouse para falar da situación dos estudos e para deseñar as próximas mobilizacións a desenvolver ata conseguir a ansiada reunión co Conselleiro de Educación. Entre outras, plantexouse facer mobilizacións diarias na rúa, "a lo menos ata a semana que ven", momento no que se estudarán novas accións, entre as que non se rexeita o encerramento indefinido ou a "paralización activa" da actividade docente.

O venres alumnos e profesores trasladaranse as 12,00 da mañá ata a Delegación da Xunta en Campolongo, onde manifestarán a súa queixa deixando no rexistro cartas persoais para os actores involucrados nesta loita, incluído o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Asi mesmo, deseñaron unha campaña de actividade nas redes sociais que deberá facer visible a posición da Escola diante dos profesionais da conservación e doutros centros de ensinanzas artísticas.

Tamén, ás 11,00 da mañán, recibirán a visita dos concelleiros de Pontevedra, Carme Fouces e Luis Bará, que acodirán coa intención de interesarse pola situación da Escola e mostrar o apoio do Concello as reivindicacións.