A Escola de Cantería abre o día 13 o prazo de matriculación

Poio
09 de setembro 2021

Este centro dependente da Deputación iniciará o curso con instalacións renovadas e impartirá novos certificados profesionais que, xunto ao resto de titulacións, captan o interese de alumnos de fóra de Galicia e do estranxeiro

Escola de Canteiría
Escola de Canteiría / Deputación de Pontevedra

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra volve a actividade nas instalacións da Caeira. O prazo de matrícula ábrese este desde o día 13 ata o 23, é o último paso de cara ao comezo dun curso que apunta a un crecemento do alumnado atraendo estudantes de distintos puntos de España e mesmo do estranxeiro.

De feito, durante o período de preinscrición, interesáronse polos estudos do centro persoas procedentes de Irlanda, Chequia, Barcelona, Asturias, Pontedeume e varios puntos da provincia de Pontevedra. Unha vez rematado o período de inscrición coñecerase a matrícula definitiva. 

Por outra banda, a Escola estrea este ano unhas instalacións profundamente renovadas despois do investimento de 440.000 euros realizado pola Deputación para o cumprimento das normativas sobre riscos laborais, accesibilidade e ruídos. 

O curso chega tamén este ano coa posta en marcha dos novos certificados de profesionalidade impulsados pola Deputación e aprobados pola Consellería de Emprego.

Trátase do certificado de nivel 1 (Operacións auxiliares en plantas de elaboración de pedra natural) e nivel 2 (Elaboración de pedra natural). O primeiro ten unha duración de 340 horas de formación teórico-práctica e o segundo doutras 640 horas. Trátase de dous certificados de profesionalidade que enriquecen a oferta docente da Escola.