A Feira Taurina da Peregrina arrinca cunha oportunidade para as promesas do toureo

Pontevedra
03 de agosto 2019

O director da Escola Taurina de Albacete, Gonzalo González e o matador Manuel Caballero felicitan a oportunidade que supón para as tres promesas acarteladas o primeiro festexo da Feira Taurina da Peregrina

Encierro do ferro do Cortijillo para a becerrada deste sábado 3 de agosto FTL Pontevedra

Este sábado 3 abriranse as portas do coso de San Roque para dar comezo á Feira Taurina da Peregrina 2019. Será ás oito da tarde cunha becerrada do Cortijillo para os alumnos da Escola Taurina de Albacete e Guadalaxara, Alberto Garijo, Manuel Caballero e Carla Otero. A Escola albaceteña está dirixida por Sergio Martínez - que acompaña ás promesas ata esta capital - e por Gonzalo González. Este último sinalaba que "nos fai unha gran ilusión porque é un acontecemento importante. Eu coñezo a feira de Pontevedra porque como banderillero do mestre Manuel Caballero, toureamos moitas tardes nesta praza que ten unha afección extraordinaria. Ademais estamos a falar do último bastión taurino en Galicia e sé por tanto a importancia que ten a Feira da Peregrina. Se a ésto sumámoslle que se organice unha becerrada ten maior mérito e maior valor".

Para a Escola o festexo deste sábado supón "unha posta de longo dos rapaces porque o premio ás clases que demos en Albacete foi poder tourear en Pontevedra". A recensión que fai de Alberto Garijo e Manuel Caballero é que "sendo os dous totalmente distintos, ambos teñen condicións moi boas. Alberto Garijo é todo garra, conecta moito co público e é todo querer. Manuel Caballero é un caso, dos que me atopei, case insólito. Por que?, porque matando só tres becerros - os dous que lle fixeron triunfador aquí en Albacete e outro en Alacante - lembra o toureo do seu pai; un toureo longo, con clase, con facilidade. Ten unhas condicións moi boas que din que pode chegar moi lonxe".

 Acartelada para este festexo está tamén Carla Otero, da Escola de Guadalaxara. "Xunto a Manuel e Alberto foron os triunfadores do certame que celebramos en maio en Albacete. Tendo un ano menos que eles - 16 anos - toureou máis. Ten moito oficio, moito valor e recentemente en Roquetas de Mar revolucionou a praza e sei que en Pontevedra vai gustar moito", augura Gonzalo González.

Manuel Caballero pai e toureiro

Manuel Caballero Martínez, pai do mozo debutante e retirado como matador desde 2004 volve a Pontevedra para vivir en primeira persoa este primeiro festexo da Feira. Preguntado polo devandito evento desde a perspectiva profesional, lanza un eloxio á empresa Lozano porque "tendo tantos problemas para que lles dean unha oportunidade, organizaron isto para que goce todo o mundo e que o público poida ver a estes rapaces. E a min persoalmente, ésto gústame máis que unha corrida de touros agora mesmo".

A mesma pregunta desde a perspectiva do pai ten outra resposta: "vexo que o meu fillo está ilusionadísimo e que está a empezar a xogar, pero xogar con algo tan serio como é o touro dáme certa vértixe. Pero si é certo que vexo que está centradísimo no deporte, en adestrar, no touro... e sabendo como está a vida agora a estas idades, que se botellón, que se ésto ou se o outro; vexo que o único que quere é gozar de algo san como ésto e por iso estou feliz. Pero tamén digo, mirando ao futuro... dáme vertixe".