A Festa Corsaria multiplica a demanda para colocar mesas particulares e postos na rúa

Marín
13 de agosto 2018

A sétima edición da festa, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de agosto, cumprirá as mellores expectativas de participación xa que foron máis de 50 solicitudes de hostalería e 63 para as comidas e ceas de particulares as cursadas a  Concello ao peche do prazo establecido

Celebración da Festa Corsaria en Marín 2016
Celebración da Festa Corsaria en Marín 2016

Pechado o prazo oficial de solicitudes para a celebración de comidas de particulares e petición de postos hostaleiros na rúa, a sétima edición da Festa Corsaria de Marín pode xa considerarse un éxito.

O  Concello confirmou un incremento do 42% neste tipo de peticións, en particular grazas ás 63 solicitudes para ceas e comidas na rúa realizadas por particulares, mentres que se recibiron 50 peticións de hostalería.

Con estes números o goberno local espera chegar á cifra de 2.000 particulares participando na festa que conmemora as fazañas dos irmáns Gago de Mendoza.

Por outra banda, este luns abriu na web www.festacorsaria.com o prazo de votación para elixir os tres mellores escaparates do concurso deste ano, unha das novidades da programación. O prazo permanecerá aberto ata as 14:00 horas do sábado 18 de agosto.