A Festa do Ghato enche de diversión as rúas dos viños de Portonovo

Sanxenxo
25 de febreiro 2023

A cita comezou coa carreira de "Os ghatos atrás do rato", ao mediodía, na rotonda da lonxa e meta no campo de San Roque con medallas para todos os participantes e avituallamento. Tamén hai pasacalles e música, así como obradoiros infantís no campo de San Roque. E non faltou o churrasco en toda a rúa

Festa do Ghato
Festa do Ghato / Concello de Sanxenxo

A Festa do Ghato está a encher de diversión este sábado as rúas dos viños de Portonovo. 

O humorista Isi é nesta edición o invitado especial da celebración. A cita comezou coa carreira de “Os jatos atrás do rato”, ao mediodía, na rotonda da lonxa e concluiu no campo de San Roque con medallas para todos os participantes e avituallamento. 

Tamén hai pasacalles e música, así como obradoiros infantís no campo de San Roque. E non faltou o churrasco en toda a rúa.

Ademais, a partir das 20 horas, Noalla estreará evento de Entroido co Enterro do Cormorán, tras un velatorio no colexio de O Telleiro. Tras a incineración que terá lugar no exterior da Casa Forestal de As Canteiras haberá música e repartiranse bolos preñados. 

A idea xurdiu na ANPA de O Telleiro que horas antes celebrarán a súa festa de carnaval na que tamén se poderán degustar doces típicos. Tamén participan A Esmorga Asociación Xuvenil e a Comunidade de Montes de Noalla.

E o domingo poñerase o broche de ouro ao Entroido co Desfile de Adultos a partir das 16:30 horas no que se repartirán 10.250 euros en 18 premios en seis categorías.