Sanxenxo puxo o broche de ouro ao Entroido co desfile

Sanxenxo
27 de febreiro 2023

Este domingo Sanxenxo puxo o broche de ouro ao Entroido co desfile de adultos no que se repartiron 10.250 euros en 18 premios en seis categorías

Desfile de Entroido en Sanxenxo
Desfile de Entroido en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Este domingo Sanxenxo puxo o broche de ouro ao Entroido co desfile de adultos no que se repartiron 10.250 euros en 18 premios en seis categorías.

Na categoría individual o primeiro premio foi para "O León e o seu domador", o segundo para "Dragón" e en terceiro lugar "As puntadas do Entroido".

En parellas: "A curuxa e o moucho" levaron o primeiro premio, "Os panadeiros" o segundo e o terceiro foi para "Dalle volta ao conto".

Na categoría de grupo de ata oito compoñentes o primeiro premio levouno "Míster Bean e os seus amigos", o segundo premio "Enterro Isabel II" e "Mecos no Ártico", o terceiro.

Os premios para os grupos de nove a vinte compoñentes foron para "O pincel de Velázquez", en primeiro lugar, "Trolls" en segundo e "De festa con glamour", o terceiro.

Na categoría de 'Fantasía' con máis de vinte compoñentes gañaron o primeiro premio "Os Canecos" e a segundo "Comparsa as flores do Entroido".

E finalmente, na categóría de grupo de máis de vinte compoñentes gañou o primeiro premio "Desde a escuridade victoriana", o segundo "O Xardín das Bolboretas" e o terceiro "Mestres do Zodíaco".