Poio celebra unha festa choqueira para despedir o Galo Fodorico

Poio
05 de marzo 2023

O galo foi queimado na Praza do Mosteiro en San Xoán, despois dun desfile que saíu do Sartal e que concluíu coa Festa Choqueira, amenizada coa música do grupo Prisma

Queima do Galo Fodorico
Queima do Galo Fodorico / Concello de Poio

Poio celebrou este sábado ao grande o enterro do Galo Fodorico Augusto Bastante, que morreu vítima da inflación. A brutal subida de prezos custoulle a vida.

O galo foi queimado na Praza do Mosteiro en San Xoán, despois dun desfile que saíu do Sartal e que concluíu coa Festa Choqueira, amenizada coa música do grupo Prisma.

Os organizadores da festa, a Asociación Veciñal e Cultural Ronsel coa colaboración do Concello, preparou produtos típicos do Entroido. 

Pero a morte de Fodorico non termina co enterro poiense. Agora serán os veciños de Samieira quen, o próximo 18 de marzo, queimen a outro galo, neste caso ‘O Bruxo’.