A Festa do Viño de Barro, unha aposta segura

Barro
17 de xuño 2018

A 39 edición da popular festa péchase este domingo tras catro xornadas de actividades e bo ambiente no Pazo da Crega, en San Antoniño, confirmada como unha cita imprescindible

Festa do Viño de Barro 2018
Festa do Viño de Barro 2018 / Diego Torrado

É unha cita imprescindible, e volveuno a demostrar na que é xa a súa 39 edición.

A Festa do Viño de Barro pon este domingo fin a catro xornadas de actividades e bo ambiente no Pazo da Crega, en San Antoniño.

Música, danza, canto coral, deporte, gastronomía e sobre todo bos viños confirmaron a boa saúde da celebración, que contou cunha alta asistencia de visitantes.

Como colofón, este domingo os asistentes á festa puideron gozar dunha concentración de motos clásicas, animación musical e unha sardiñada para acompañar a cata dos caldos nunha edición do evento que serviu para homenaxear ás tabernas tradicionais.