A Festa dos Maios vai celebrarse a cuberto

Pontevedra
30 de abril 2024

O Concello de Vilagarcía de Arousa decidiu trasladar esta celebración á Praza da Peixería no lugar do Parque Miguel Hernández onde estaba inicialmente prevista, e o Concello de Pontevedra instalou unha carpa na praza da Ferrería para dar acubillo tanto a participantes como a público ante a predición de choivas durante este mércores 1 de maio

Carpa instalada na Ferrería para a celebración da Festa dos Maios
Carpa instalada na Ferrería para a celebración da Festa dos Maios / PontevedraViva

Unha carpa protexerá as agrupacións participantes e ao público asistente á tradicional Festa dos Maios na Praza da Ferrería. Durante os últimos días instalábase a estrutura en previsión das choivas que se agardan durante a mañá deste mércores 1 de maio.

A celebración contará coa participación da poeta Cynthia Menéndez, encargada de dar a benvida ao Maio a partir das 11.00 horas. 

Está prevista a participación de seis colectivos: Maio de Figueirido, Maio de San Xulián, Maio Marcos da Portela, Maio de Campañó, Maio de Marcón e o Maio de Campolongo.

A concellería de Cultura repartirá 6.250 euros en premios para esta edición do concurso.

TRASLADO EN VILAGARCÍA DE AROUSA

As previsións de choiva tamén obrigan a cambios en Vilagarcía de Arousa.

A Festa dos Maios que estaba prevista no Parque Miguel Hernández se trasladará á Praza da Peixería.

O programa manterase sen variacións coa exhibición dos traballos desde as 11.30 horas ata as 20.30 horas. 

Está prevista a participación de 37 composicións de 22 autores.

Entre os participantes atópanse seis ANPAs, unha agrupación, dous centros educativos, unha asociación cultural, a Residencia de Anciáns Divina Pastora e once persoas de maneira individual.

Todos os participantes recibirán rosca, e a suma das axudas en metálico moveranse entre os 30 e os 150 euros en función do número de integrantes do grupo e de se interpretarán ou non coplas.