A festividade da patroa de Marín, a Virxe do Porto, dá o salto ás redes sociais

Marín
07 de setembro 2020

A pandemia da Covid-19 condiciona a organización dos actos tradicionais. O Concello mantén os actos relixiosos, pero cancela a celebración de San Miguel

Danza de espadas en Marín
Danza de espadas en Marín / Diego Torrado

Marín celebra este martes a festividade da súa patroa, a Virxe do Porto. Pero como non podía ser doutra forma, será un día marcado pola crise sanitaria do coronavirus. 

Os tradicionais actos relixiosos manterán a súa axenda habitual ao redor do Templo Novo, mentres que a festividade de San Miguel non poderá celebrarse coa normalidade de anos anteriores. Desde o departamento de Cultura traballan estes días na procura dunha alternativa que permita conservar esta tradición sen poñer en risco a saúde dos veciños.

Para sortear as restricións, o Concello botou man das novas tecnoloxías. Así, nos contas oficiais de Facebook, Instagram e Twitter, entre as 10 e as 13 horas, estrearán dous vídeos nos que personalidades relacionadas coa festividade da patroa e coa historia da vila repasarán as raíces desta tradición.