A fin de semana da feira da bicicleta, o prato forte de Pontenbici

Pontevedra
07 de maio 2015

A feira da bicicleta regresa a Pontevedra a partir deste venres 8 ata o domingo de peche. Unha festa especial pola súa unión en data e localización coa feira da cervexa artesá, que tamén se celebra esta fin de semana na Praza de España. Foros, concursos, entrega de premios, mercado de bicicletas, entre outras actividades, durante estes tres días

Presentación no Concello de la Feria da bicicleta 2015
Presentación no Concello de la Feria da bicicleta 2015 / Mónica Patxot

O programa Pontenbici celebrará este fin de semana o prato forte da súa programación coa feira da bici nova e de segunda man. O evento celebrarase na Praza de España a partir deste venres 8 e finalizará o domingo.

A feira deste ano terá un elemento diferente froito da coincidencia na mesma fin de semana coa Feira da Cervexa Artesá, que compartirá a praza co evento de Pontenbici. A concellería ve razoable buscar elementos para unir as dúas festas, así nace o concurso 'Pontenbici', un concurso de fotografía que xorde en facebook nun hashtag e que consiste e pode participar calquera persoa cunha foto na que a apareza unha bici como elemento principal ademais dunhas botellas de cervexa. As fotos crearán un álbum para que o xurado seleccione o gañador que se anunciará o domingo pola tarde no peche da feira. O premio consistirá nunha bicicleta e unha caixa de cervexas.

Para difundir a feira e o concurso un coche eléctrico estará a percorrer Pontevedra dende este xoves repartindo o programa desta. Outro elemento que na rolda de prensa de presentación deste xoves destacou a consellería é a decoración elixida para esta edición. Oito columnas de seis metros negras será o elemento principal da posta en escena. As xigantes negras representan simbolicamente unha homenaxe ás persoas que perderon a vida nas estradas enriba dunha bicicleta. Ademais, as columnas albergarán os convidados a participar no evento. Todos os negocios que teñen vinculación co mundo da bicicleta foron invitados a participar, aínda que por temas de axenda non todos participasen. A asociación BicicleandoGaraxe Pedales e Beciclon participan tamén na feira para dar a coñecer os seus proxectos innovadores cos que promoven o turismo e as rutas en bicicleta.

Unha exposición de mountain bikes e un espazo de compravenda de bicicletas e pezas usadas nas que todo o que o desexe poderá levar as súas bicicletas e vendelas ou intercambialas.

O Foro da bicicleta que se celebrou a edición anterior tamén regresa nesta ocasión con tres charlas que se celebrarán ao longo do sábado no antigo concello con Iván Montero, o ciclista que hai un ano foi arrastrado por un camión en Coruña e perdeu as dúas pernas; Juan Torrado, presidente da asociación de ciclistas galegos e a Familia Supertramp, a parella que cos seus dous fillos comezará en 2016 unha ruta en bici por Europa que durará dous anos.

Para finalizar, como cada anos, se entregará o premio de mobilidade ciclista do Concello de Pontevedra, que nesta ocasión se lle outorgou a Adrián Vázquez Valiño pola súa empresa de Ecomensajeria. Unha empresa creada en torno á bicicleta. O premio entregaráselle o sábado ás 12:00 horas na feira.