Os pontevedreses pedalean cada vez máis

Pontevedra
10 de maio 2015

As bicis xa non son só cousa de nenos ou para o verán, senón para moverse diariamente por Pontevedra. A Praza de España reúne esta fin de semana os que apostan por esta forma de transporte silenciosa, limpa e eficiente, cunha feira dedicada á bicicleta nova e usada

Feira da Bicicleta
Feira da Bicicleta / Diego Torrado

É unha tendencia xeneralizada en toda Europa da que Pontevedra non é allea, a bicicleta esta en auxe.

Cada vez son máis as persoas que elixen pedalear non exclusivamente para facer deporte senón tamén para desprazarse polo ámbito urbano.

As bicis xa non son só cousa de nenos ou para o verán, senón para moverse diariamente por Pontevedra.

A Praza de España reúne este fin de semana os que apostan por esta forma de transporte silenciosa, limpa e eficiente, cunha feira dedicada á bicicleta nova e usada.

O evento ten, entre outros obxectivos, a finalidade de fomentar a renovación do parque de bicicletas, promovendo a súa reciclaxe.

Os organizadores entregaron o premio á Mobilidade a Adrián Vázquez, propietario da empresa Ecomensaxería Pedaleando, por empregar a bicicleta como medio de traballo.