A Fiscalía pide máis de quince anos de cárcere para un home por causar seis incendios forestais

Pontevedra
14 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O acusado está diagnosticado dun trastorno de control de impulsos e capacidade intelectual límite, que supuxeron que a data de feitos tivese as súas facultades volitivas gravemente alteradas

Incendio forestal
Incendio forestal / Diego Torrado

A Sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para este xoves día 18 de abril un xuízo por un delito de incendio.

A Fiscalía adiantou que pedirá unha condena de quince anos e dous meses de prisión para un home acusado de causar media ducia de incendios forestais, dous deles en grao de tentativa. 

Entre o 3 de febreiro e o 14 de agosto de 2022 provocou estes lumes nos concellos de Salvaterra de Miño e Ponteareas en zonas de alto risco de incendio, segundo o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

O acusado está diagnosticado dun trastorno de control de impulsos e capacidade intelectual límite, que supuxeron que a data de feitos tivese as súas facultades volitivas gravemente alteradas.

O acusado atópase en prisión provisional por esta causa desde o 2 de novembro de 2022.

No seu escrito de acusación o representante do Ministerio Público tamén sinala que o acusado actuou "con afán de danar o medio natural" e recoñece que "non consta que como consecuencia destes feitos altereise a paisaxe nin que se causei un impacto apreciable na vida silvestre".