A frota pesqueira desconvoca a folga e volve faenar

Pontevedra
24 de marzo 2022

Despois da reunión co ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores decidiu renovar a actividade despois de tres días de paro e confiar nas promesas do Goberno para compensar as perdas polo incremento do prezo do combustible

Pesqueiros descargan toneladas de peixe conxelado no Porto de Marín Autoridad Portuaria del Puerto de Marín

Representantes da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores mantiveron este mércores unha reunión co ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, para desbloquear o paro motivado pola subida do prezo do combustible.

Tras o encontro, tivo lugar unha xunta do Comité Executivo e da Comisión Permanente do colectivo no que determinaron desconvocar o paro, que durou tres días, a partir deste mesmo xoves a nivel nacional.

Os pescadores, conscientes do gran esforzo que está a facer a frota saíndo a faenar a perdas e tendo en cuenta a necesidade de traer a porto alimento de primeira necesidade, dan "un voto de confianza ás medidas propostas polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación".

Estas propostas pasan polo compromiso do Goberno para "estudar unha medida que afectará positivamente o combustible para profesionais, que se incluirá no Decreto Lei que se publicará o vindeiro martes 29 de marzo despois do Consello de Ministros". Tras este Consello de Ministros, as confrarías volverán ser convocadas polo ministro para explicarlle de forma detallada as decisións que afecten o sector.

Promete o Goberno "unha axuda por acontecementos excepcionais que ten aplicación na pesca e a acuicultura. Verase como se facilita un adianto das cantidades con cargo a este artigo e estudar que mecanismos pódense tomar para que non se abran expedientes pola UE". Ademais este marco de axudas será de aplicación retroactiva desde o 24 de febreiro. 

Así mesmo, están a estudar con Portos do Estado unha forma de aliviar o pago das taxas portuarias para a pesca, tamén exonerar das cotizacións á Seguridade Social ou abrir unha nova liña de créditos ICO SAECA con intereses por baixo do 1 %, subvencionado ata o 10 % e por un importe máximo de 30.000 euros.