A Fundación Xoán XXIII programa co Concello de Marín unha nova campaña de rozas

Marín
19 de febreiro 2018

Desde hai anos, esta fundación encárgase ademais de traballos de xardinería, tamén da xestión de camiños e contornas de rural, desde Pedreiras, Casás e Pastoriza ata Lapamán. O primeiro ano que se fixo, comezouse en Pedreiras, e tras a boa acollida, ampliouse ao resto do municipio

Traballadores da Fundación Xoán XXIII rozando un camiño en Marín
Traballadores da Fundación Xoán XXIII rozando un camiño en Marín / Fundación Juan XXIII

A Concelleira de Medio Ambiente e representantes da Fundación Xoán XXIII xa están a programar as rozas para realizar nas distintas zonas de Marín, a partir do mes de maio.

Desde hai anos, esta fundación encárgase ademais de traballos de xardinería, tamén da xestión de camiños e contornas de rural, desde Pedreiras, Casás e Pastoriza ata Lapamán. O primeiro ano que se fixo, comezouse en Pedreiras, e tras a boa acollida, ampliouse ao resto do municipio.

A Fundación Xoán XXIII valora moi positivamente a proximidade das persoas con discapacidade á veciñanza. Aseguran que chegar ás portas de cada persoa traballando desde a integración é a mellor forma de concienciar, xa que co traballo é esixente, pero tamén agradecido cando está ben feito.

Sinalan que esta forma de traballar é unha gran oportunidade de mostrar as verdadeiras capacidades e a empatía das persoas que traballan na Fundación Xoán XXIII.

Desde o Concello de Marín engaden que a veciñanza "lles acolleu con gran agarimo", e isto fai que estes traballadores sentan moi valorados. "Desta maneira non só se gaña a nivel económico, senón tamén a nivel social". 

Neste momento, máis a metade do persoal é de Marín.