A Gala do Chapante en Cuntis recoñece a traxectoria do Café "Quico"

Umia
02 de marzo 2024

O acto celebrábase este venres 1 de marzo no Centro Sociocultural Patelas coa presenza do alcalde Manuel Campos e a actuación de Chumpá Teatro. Este acto forma parte da celebración da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, que esta noite conta co concerto gratuíto de Antonio José

Gala do Chapante 2024
Gala do Chapante 2024 / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis está de celebración con motivo da XXV edición da Festa do Lacón con Grelos. Entre os actos relacionados con este evento, durante a noite do venres celebrábase no Centro Sociocultural Patelas a Gala do Chapante.

Este acto festivo converteuse nunha homenaxe ao Café "Quico", un local que leva máis dun século de vida e que se converteu nun espazo de encontro e referente para moitas xeracións de cuntienses, segundo manifestaba o alcalde de Cuntis Manuel Campos durante a súa intervención no acto.

O Café "Quico" foi escenario da repartición de premios importantes da Lotaría, ademais de converterse nun punto que viu a evolución e o crecemento da vila durante o paso das décadas.

Numerosas persoas acudiron á Gala do Chapante, que contou coa actuación da agrupación Chumpá Teatro

Este sábado 2, a Rúa Pedro Campos acollerá o concerto estelar de Antonio José dentro da programación da Festa do Lacón con Grelos. A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.