A Garda Civil investiga con equipos especializados o accidente de tráfico en Marín no que morreron dous menores

Marín
29 de agosto 2024

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, a pedimento do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Marín que instrúe a causa do accidente de trafico mortal que se cobrou a vida de 2 mozos de 16 e 17 anos veciños de Marín investiga as circunstancias específicas do sinistro

Accidente de tráfico con dous menores mortos en Marín
Accidente de tráfico con dous menores mortos en Marín / EFE / Sxenick

A pedimento do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Marín que instrúe a causa do accidente de trafico mortal que se cobrou a vida de 2 mozos de 16 e 17 anos veciños da vila, axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra investigan as circunstancias específicas do sinistro.

O accidente produciuse a noite do 8 de decembro de 2023, á altura do pk-1,400 de estrada PO-313 (Marín-Moaña), onde supostamente un turismo Volkswagen Golf ocupado por 4 mozos que circulaba sentido Moaña invadiu o carril contrario e chocou frontolateralmente contra un Nissan Qashqai ocupado por un matrimonio que se dirixía a Marín. 

Na colisión faleceron os dous menores que circulaban no asento traseiro e resultou ferida grave outra moza que viaxaba de acompañante.

A investigación deste tipo de accidentes leva a cabo polos equipos EPRAT (Equipo Periférico de Reconstrución de accidentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil).

Estes equipos especializados en accidentes complexos tratarán de determinar a velocidade á que circulaban os vehículos e posibles causas que provocaron a suposta invasión do carril contrario. Para iso efectuarán unha investigación minuciosa dos restos e vestixios do accidente, tales como un estudo da deformación dos vehículos, estado do asfalto, pneumáticos, ademais posibles manobras previas, empregando diversas técnicas para tratar de reconstruír o accidente e determinar como se desenvolveron os feitos.

O informe complementario poñerase ao dispor do Xulgado co obxecto de que poida axudar a determinar a posible causa do sinistro e con iso ademais as responsabilidades civís e penais do accidente.

Actualmente Galicia conta con 2 equipos EPRAT da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, especializados na investigación e reconstrución de accidentes complexos, un con sede en Pontevedra creado en outubro de 2023 e outro con sede na Coruña creado en xaneiro deste ano.

Os citados equipos actúan en accidentes graves de circulación en demarcación da Garda Civil, así como a solicitude doutros Corpos Policiais ou por orde de Autoridades Xudiciais, como peritos en sinistros viarios.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora