A Garda Civil de Pontevedra tivo coñecemento dun vídeo publicado nun grupo de WhatsApp da condución de forma temeraria dun turismo.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, no vídeo, o condutor do vehículo realizaba aceleracións e derrapaxes mentres varias persoas atopábanse agarradas á carrocería, algúns diante do turismo, cun grave risco de atropelo.
O Grupo de Investigación do Subsector de Tráfico (GIAT) logrou identificar o autor, que resultou ser un veciño de Cangas, de 21 anos, que participaba nunha "quedada" no Polígono empresarial do Campiño, en Pontevedra.
Este condutor está investigado por un delito contra a seguridade viaria, por conducir de forma temeraria, e as dilixencias remitíronse ao Xulgado de Garda.
O vídeo foi recollido polo programa Galicia X Diante da Radio Galega:
A difusión nas redes deste vídeo permitiu identificar un veciño de Cangas, de 21 anos, que conducía de forma temeraria nunha “quedada” nun polígono de Pontevedra. pic.twitter.com/KzpPTkosRt
— Galicia por Diante RG (@GxDRadioGalega) May 29, 2024