A Garda Civil investiga un participante do Rally de Pontevedra por levar falsificado o número de bastidor

Pontevedra
28 de xuño 2021

Trátase dun veciño de Ourense, de 33 anos de idade, que está a ser investigado como presunto autor dun delito de fasedade documental. Os axentes comprobaron que o bastidor orixinal do vehículo estaba recurtado e, no seu lugar, soldaran outro correspondente a un vehículo de iguais características

Un axente da Garda Civil investiga o vehículo participante na proba

Durante a xornada do 18 de xuño, compoñentes do Subsector de Tráfico de Pontevedra realizaron un labor de control das documentacións dos pilotos e dos vehículos que formaban parte da proba deportiva do Rally de Pontevedra.

Ao longo desta actividade de control detectáronse algunhas irregularidades. A partir dese momento, compoñentes do Grupo de Investigación e Análise de Tráfico (GIAT), do Subsector, realizaron diversas comprobacións sobre os datos obtidos.

Como consecuencia desta actuación, durante a  mañá do mércores 23 de xuño procedían a investigar un dos participantes como presunto autor dun delito de falsidade documental. Trátase dun veciño de Ourense, de 33 anos de idade, segundo a información facilitada pola Garda Civil.

Os axentes comprobaron que o vehículo deste piloto contaba cun bastidor orixinal recortado e, no seu lugar, habíase soldado outro pertencente a un vehículo de iguais características. Tras a comprobación instruíronse dilixencias por unha falsificación do número de bastidor e remitiuse a denuncia ao Xulgado de Garda de Cambados.