A Illa das Esculturas rexistrou este domingo un auténtico abarrotamento de público coa segunda edición do "Faiponting".
Os pontevedreses atenderon en masa ao convite cursado dende o Concello para cruzar o río.
Propostas tan dispares como un concerto para cans e para humanos, retratos do Garaxe Hermético, performances de danza a cargo do Centro Coreográfico Galego e da escola Déborah, talleres de baile con Pesdelán, rutas guiadas polo conxunto escultórico e percorridos pola illa a pé ou en bici, familias enteiras convertidas en detectives, exposicións ou obradoiros, foron algunhas das actividades de "Faiponting".
O bo tempo aliouse coa organización e houbo mesmo os que quedaron a comer na illa urbana.