A iluminación da ponte da Barca estará reposta "entre hoxe e mañá"

Pontevedra
29 de xaneiro 2018

Os traballos para a reparación dos puntos de luz na ponte da Barca, no tramo que corresponde a Pontevedra, xa comezaron. En concreto, repoñeranse os doce puntos de luz que hai na marquesiña da ponte e colocaranse 27 pantallas estancas

Cambio de iluminación na ponte da Barca
Cambio de iluminación na ponte da Barca / Mónica Patxot

Os traballos para a reparación dos puntos de luz na ponte da Barca, no tramo que corresponde a Pontevedra, xa comezaron.

En concreto, repoñeranse os doce puntos de luz que hai na marquesiña da ponte e colocaranse 27 pantallas estancas.

Esta actuación, que inclúe a substitución do cableado nalgunhas zonas da marquesiña, ten un custo de 3.436 euros.

O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, confirmou que a iluminación estará totalmente reposta "entre hoxe e mañá".

Con este arranxo, sumado ao realizado nos últimos días por Poio, a ponte contará cunha nova iluminación. Será á espera do proxecto de rehabilitación que ultima a Xunta de Galicia, que planea investir preto de 1,3 millóns de euros.