A instalación de lombos nas vías sanitarias, centro do debate organizado polo PP no Café Moderno

Pontevedra
10 de outubro 2018

A charla, celebrada a última hora deste martes no Café Moderno de Pontevedra, contou coa participación de Mateo Lafragua, membro de Stop Accidentes 

Charla-coloquio organizada polo PP contra a instalación de lombos en vías sanitarias
Charla-coloquio organizada polo PP contra a instalación de lombos en vías sanitarias / Mónica Patxot

O Café Moderno de Pontevedra foi escenario este martes dunha charla-coloquio organizada polo grupo municipal do Partido Popular para profundar no debate sobre a instalación de lombos nas vías sanitarias.

Entre os asistentes, ademais de representantes do PP co seu portavoz local Rafa Domínguez como moderador, atopábase Mateo Lafragua, membro de Stop Accidentes e premio Cidadán 2018 que outorga a iniciativa Ponle Freno de Atresmedia.

Ademais tiveron voz a Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias (ASGATE), a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (Alcer Galicia) e o colectivo sanitario a través dunha diplomada universitaria en enfermería.

A charla prolongouse durante case e hora e media.