A instalación de veladores e bancos completará a nova imaxe de Cruz Gallástegui

Pontevedra
30 de abril 2018

O pintado do código de barras sorprende a moitos peóns cunha estética, segundo o goberno local, que rompe coa verticalidade da rúa. A idea é que a presenza de peóns marque a velocidade dos vehículos que circulen por esta céntrica rúa

A rúa Cruz Gallástegui
A rúa Cruz Gallástegui / PontevedraViva

A rúa Cruz Gallástegui presenta unha nova imaxe co código de barras que inclúe o nome da vía a través dun descifrador. Con esta iniciativa, o goberno local busca romper coa verticalidade da rúa e que ofreza a imaxe dun paso de peóns continuo onde os viandantes marcan a velocidade dos vehículos. A carga e descarga, ademais dos servizos poden realizarse en toda a rúa, nos puntos que se atopen baleiros durante as horas de carga e descarga.

Para completar a reforma da rúa queda a instalación dos veladores e do mobiliario urbano. Instalaranse bancos en diversos puntos. Ademais, a concelleira de Promoción Económica Anabel Gulías iniciou conversacións cos comerciantes da rúa para pactar a colocación das terrazas. 

Gulías indicou que estes veladores ocuparán as áreas de posible estacionamento na rúa como medida disuasoria para aqueles condutores que teñan intención de aparcar.