A Intelixencia Artificial ábrese oco na décima edición das Xornadas de Farmacotecnia

Pontevedra
13 de xuño 2023

O auditorio Afundación de Pontevedra converterase en sede das X Xornadas de Farmacotecnia e Elaboración de Medicamentos durante o xoves 15 e o venres 16 de xuño, nunha proposta organizada polo Complexo Hospitalario Universitario de Potnevedra e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Zona do sistema BD Cato no servizo de Farmacia do Hospital Montecelo PontevedraViva

O auditorio Afundación de Pontevedra converterase en sede das X Xornadas de Farmacotecnia e Elaboración de Medicamentos durante o xoves 15 e o venres 16 de xuño, nunha proposta organizada polo Complexo Hospitalario Universitario de Potnevedra e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Máis de 180 profesionais farmacéuticos de toda España acudirán a este evento de innovación e coñecemento coa intención de actualizar conceptos técnicos. 

A inaguración será o xoves ás 17.00 horas coa presenza do xerente da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Airas; a presidenta da Sociedade Española de Farmacia, a doutora Olga Delgado Sánchez; a directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, María Jesús Lamas Díaz, que ofrecerá a conferencia inaugural; e o xefe de servizo de Farmacia da área sanitaria e presidente do Comité Organizador do evento, o doutor Carlos Crespo Diz.

Ao longo dos dous días ofreceranse relatorios e conferencias sobre avances na elaboración e control de medicamentos polos servizos de Farmacia Hospitalaria, normativas de preparación e diferentes experiencias e sistemas de comunicación en farmacotecnia.

Tamén se presentarán proxectos de investigación e innovación. O venres ofrecerase unha conferencia na que se tratarán os últimos avances no terreo da Intelixencia Artificial e Elaboración de Medicamentos, a cargo de José Luis Poveda, do Hospital Universitario e Politécnico a Fe de Valencia. 

Ao longo das xornadas, o Comité Científico fará públicos os servizos de farmacia gañadores dos Premios FEM de Farmacotecnia e Elaboración de medicamentos, convocados para coñecer departamentos de Farmacia Hospitalaria que resultan referentes en farmacotecnia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora