A Lama visibiliza a lacra da violencia de xénero

A Lama
25 de novembro 2019

A Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo protagonizou a conferencia "Violencia de xénero: Unha realidade oculta" organizada polo CIM da Lama e a Asociación Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas no Salón de Plenos do Concello

Conferencia "Violencia de xénero: Unha realidade oculta"
Conferencia "Violencia de xénero: Unha realidade oculta"

A Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo protagonizou a conferencia "Violencia de xénero: Unha realidade oculta" organizada polo CIM da Lama e a Asociación Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas no Salón de Plenos do Concello dentro dos actos que levan a cabo para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

María José Villamarín, representante da directiva de Mulleres en Igualdade de Vigo explicou na presentación desta charla-coloquio a importancia de coñecer de que maneiras se manifesta a violencia contra a muller en calquera das súas formas.

Nesta conferencia déronse as claves para previr e eliminar a lacra da violencia de xénero que pasan por unha educación que incida nos valores da igualdade. Os relatores que participaron neste coloquio foron o avogado Guillermo Iruelas, a psicóloga María José Armas, a politóloga Andrea Damea e a socióloga Chaty González.

Nas conclusións, subliñouse que a implicación de toda a sociedade é fundamental e que gobernos, organizacións e entidades deben traballar da man para convocar actividades dirixidas a sensibilizar sobre esta lacra e a reclamar políticas públicas para previla e acabar con ela.