A lei do 'só si é si' será abordada este mércores no Faladoiro Feminista

Pontevedra
21 de marzo 2023

Este mércores 22, realizarase un Faladoiro Feminista que abordará a polémica Lei de Liberdade Sexual ('Só si é si')  na sede do Centro de Información á Muller (CIM) de 19:00 a 20:30 horas  div>

Cartel Faladoiro Feminista
Cartel Faladoiro Feminista / Gabinete de Comunicación do PSdeG-PSOE

Este mércores 22, realizarase un Faladoiro Feminista que abordará a polémica Lei de Liberdade Sexual ('Só si é si') na sede do Centro de Información á Muller (CIM) de 19:00 a 20:30 horas.

O coloquio presentarao Yoya Blanco e moderarao a xornalista María Varela. As relatoras que forman parte desta charla son Belén Rubido de la Torre, xuíza decana de Pontevedra titular do Xulgado do Penal nº 4 de Pontevedra, especializado en Violencia Machista; Dori Varas Noguerol, traballadora social da Oficina de Atención e Asistencia ás Vítimas do Xulgado de Vigo, e Rosa Fontaíña Pazos, coordinadora e portavoz da Asociación da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

Este Faladoiro é de balde ata completar o aforo. 

Esta charla forma parte da programación do 8M e en caso de non asistir, estará dispoñible na páxina web do Concello de Pontevedra  e nas redes sociais da Concellería de Igualdade.

Yoya Blanco comenta que o programa de Faladoiros Feministas pecharase o 29 de marzo cun coloquio literario focalizado en 'A incorporación da perspectiva feminista na literatura actual', que será moderado pola xornalista Chus Gómez e contará coas autoras Ana Cabaleiro López e Lorena Conde Martínez. Elas tratarán o contido das súas obras 'Deixádenos remar' e 'Velloucas e minchas'.