A ludoteca de Semana Santa da Fanpa contará con 120 prazas

Pontevedra
05 de marzo 2015

A iniciativa está destinada a nenos de Infantil e Primaria, entre 3 e 12 anos. O prazo de inscrición ábrese o luns 9 de marzo

Agustín Fernández e Rogelio Carballo presentan a ludoteca de Semana Santa
Agustín Fernández e Rogelio Carballo presentan a ludoteca de Semana Santa / PontevedraViva

A Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA) prepara en colaboración do Concello de Pontevedra a terceira edición da súa ludoteca de Semana Santa.

Trátase de "un programa destinado a conciliar a vida familiar e a laboral" cubrindo os días de Semana Santa "que non son docentes pero si laborais", explicou o concelleiro Agustín Fernández.

Nesta ocasión habilitaranse 120 prazas destinadas a escolares de Infantil e Primaria, de 3 a 12 anos, 60 delas en Campolongo e outras 60 no Manuel Vidal Portela.

A ludoteca celebrarase os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas, cun prezo de 15 euros por neno para os socios de FANPA e de 25 euros para os non socios.

O prazo de inscrición abrirase o luns 9 de marzo, ata o mércores 11, na sede da FANPA (rúa Xan Guillermo, 9) de 10:00 a 12:00 horas ou a través do correo electrónico [email protected].

A temática da ludoteca será nesta ocasión a antiga Grecia, con xogos e obradoiros que achegarán aos nenos á cultura e mitoloxía grega.