A mellora de Lameiriña e Caneliñas, en Raxó, estará rematada en seis meses

Poio
05 de outubro 2021

A obra supón un investimento de 365.000 euros que serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación e terá unha duración máxima de seis meses

Poio reformará a Rúa Lameiriña en Raxó Concello de Poio

O Concello de Poio pon en marcha os proxectos de recuperación e mellora da contorna das rúas Lameiriña e Caneliñas, na parroquia de Raxó.

É unha obra da que se encargará a empresa COVSA, despois do cesamento repentino de actividade da anterior adxudicataria, Nexia, que obrigou a reiniciar o proceso de licitación.

Este feito aproveitouno o goberno local para ampliar o proxecto, que agora servirá tamén para reformar o espazo comprendido entre ambas as rúas e a praza Lameiriña, así como un dos ramais que enlazan coa PO-308.

O orzamento supera os 365.000 euros e será financiado con cargo ao Plan Concellos da Deputación e o prazo de execución será de seis meses. 

Entre as melloras para realizar inclúese a dotación dunha superficie de lastra así como a renovación de servizos básicos como o abastecemento e a instalación de dez bocas de rega. A actuación mellorará tamén a seguridade viaria e a accesibilidade.