A mostra 'CantáMOLA en galego' percorrerá os centros de ensino de Pontevedra

Pontevedra
02 de outubro 2021

O primeiro destino da exposición será o CIFP A Xunquera, onde estará até o 14 de outubro. A exposición pode ser solicitada a través do Servizo de Normalización Lingüistica do Concello

Exposición musical 'Cantámola en galego'
Exposición musical 'Cantámola en galego' / Mónica Patxot

A Concellaría de Normalización Lingüistica xa puxo á disposición dos centros de ensino do municipio a exposición 'CantáMOLA en galego', co fin de achegarlle á xente nova a musica feita en galego ao longo das dúas primeiras décadas do século XXI. 

O obxectivo da mostra é incentivar o coñecemento de diferentes estilos que empregan a lingua galega como medio de expresión para así rachar cos prexuízos sobre o uso da lingua asociada a contextos modernos innovadores e de interesa para a mocidade.

A exposición está dispoñible en formato transportable e comeza a súa itinerancia polos centros de ensino do concello de Pontevedra no CIFP A Xunqueira, onde estará ata o 14 de outubro. Despois continuará o percorrido nos IES Sánchez Cantón e Valle Inclán. Para solicitala hai que dirixirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello.

As cancións de Voces Ceibes, Andrés do Barro, a Nova Canción Galega, Os Resentidos ou o Movemento Bravú teñen sucesores diversos. No século pasado o galego ía case sempre da man da música tradicional, a reivindicación ou a protesta, mais no que vai de século a nosa lingua espallouse por estilos e tendencias diferentes.

Nesta exposición, con textos de Pepe Cunha, Teresa Cuíñas e unha unidade didáctica creada por Rosalía Fernández Rial, dáselle un repaso a esas músicas que nos falan na nosa lingua.