Emma Torres, profesora da Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, foi elixida este xoves 10 como nova decana daFacultade de Ciencias Sociais con 40 votos a favor, 13 en contra e 3 en branco.
A liña que pretende seguir e que expuxo no Diario da Universidade é continuar co traballo do anterior equipo decanal pero, ao mesmo tempo, queren garantir a visibilidade da facultade no Campus CREA e aumentar as dobres titulacións con outros países ampliando os convenios de mobilidade para o alumnado e o profesorado.
Estará acompañada polos vicedecanos de Calidade e Profesorado, Alberto Dafonte; Asuntos Económicos e Infraestruturas, Xosé Mahou; Alumnado e Mobilidade, José Pita; Promoción e Relacións Externas, Jesús Pérez, e a secretaria Beatriz Legerén.
Durante os tres próximos anos, o obxectivo é mellorar a comunicación entre os membros da facultade, incrementar a participación de todos os colectivos na toma de decisións e simplificar o traballo diario.