A Operación Centinela Gallego finaliza con máis de 180 avisos de incendios forestais

Pontevedra
16 de setembro 2016

O persoal despregado na Operación compaxinou o seu labor de vixilancia e disuasión coa colaboración na procura de dúas persoas desaparecidas, auxilio dun vehículo accidentado e no desaloxo de vivendas ameazadas poo lume

Operación "Centinela gallego"
Operación "Centinela gallego" / BRILAT OC

As Forzas Armadas deron por finalizada a participación na Operación "Centinela Gallego", que viña desenvolvéndose nos montes galegos desde o pasado 15 de xullo ata o 15 de setembro.

A operación saldouse con máis de 180 avisos sobre incendios, queimas de restrollo, presenza de persoas sospeitosas e de material incendiario. Desde o exército realízase unha balance positivo desta operación, destacando a boa aceptación por parte dos cidadáns.

Os militares despregados compaxinaron o seu labor de vixilancia coa procura de dúas persoas desaparecidas, auxilio dun vehiculo accidentado e o desaloxo de vivendas amanazadas polo lume ou dun edificio en chamas.

Ao longo dos dous meses de operación despregáronse preto de 450 militares que percorreron, en total, máis de 485.000 quilómetros e realizáronse máis de medio centenar de voos co sistema RAVEN.

Na operación participaron medios do Exército de Terra da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable "Galicia" VII (BRILAT) procedentes das súas tres sedes Pontevedra, Asturias e Valladolid. As unidades estiveron baixo o mando táctico do xefe da BRILAT, o xeneral de brigada Luís Cebrián Carbonell, por delegación do xefe de Estado Maior da Defensa, almirante xeral Fernando García Sánchez, que exerceu a coordinación de todos os medios a través do mando de operacións.