A opinión das empresas será tida en conta antes da concesión do restaurante do Museo

Pontevedra
30 de maio 2014

A Deputación financiará o amoblamento do local, para ⿿incentivar a participación da iniciativa privada no aproveitamento dun espazo que ten que ser un revulsivo para o Museo⿝

Sexto edificio do Museo de Pontevedra Juan Mejuto

A Deputación de Pontevedra someterá á valoración das empresas de restauración o prego de condicións que rexerá o concurso para a concesión da cafetería-restaurante do Museo de Pontevedra. Así o anunciou este venres o titular da Administración Provincial na rolda de prensa posterior á xunta de goberno.

Louzán afirmou que nestes momentos xa está pechada a redacción dos pregos, pero que nos próximos días se convocará a todas as empresas do sector que poidan estar interesadas na xestión do novo restaurante para ⿿escoitar a súa opinión⿝, aclarar as posibles dúbidas que teñan e recoller as súas achegas.

O presidente da Deputación incidiu na importancia de ⿿escoitar ao sector in situ⿝, co obxectivo de garantir ⿿que sexa un éxito ese espazo que queremos abrir ao público de maneira rápida⿝ e para que os que queiran optar á concesión deste novo servizo coñezan directamente as características do espazo que se vai habilitar e valoren as alternativas e propostas que poden facer.

Neste sentido, Louzán subliñou que o prego que rexerá a concesión xa establece que a Deputación de Pontevedra se fará cargo de parte do mobiliario que se precise para poñer en funcionamento o local, dado que a situación actual podería desanimar a moitos a participar no concurso se teñen que facer un investimento inicial ⿿de varios miles de euros⿝.

Trátase, pois, e segundo afirmou o titular da Deputación, de ⿿incentivar a iniciativa privada para que participe no aproveitamento dun espazo que ten que ser un revulsivo para o Museo de Pontevedra⿝.