A Orde do Caldo de Mourente dá a benvida aos seus novos membros

Pontevedra
07 de marzo 2020

A Capela de Santa Margarida foi escenario da imposición das medallas aos novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo, cita previa á festa gastronómica que terá lugar este domingo 8 de marzo

Acto de benvida aos novos membros da Orde do Caldo de Mourente Concello de Pontevedra

O caldo quenta motores en Mourente antes da celebración este domingo da XXIX Festa do Caldo.

Como aperitivo á gran xornada gastronómica, a Capela de Santa Margarida acolleu a imposición das medallas aos novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo.

Na velada, amenizada polo grupo 'Os Alegres', deuse a benvida aos novos membros da orde: as concelleiras Carme Da Silva, Yoya Blanco e Pepa Pardo; a deputada Victoria Alonso; o xeneral de brigada da Brilat, Luís Cortés Delgado; o coronel xefe da Garda Civil, Simón Contreras; o presidente de Protección Civil de Pontevedra, Hermenegildo Novoa; Ana Vicente Rivas; Luís González; e Lucía Iglesias.

O día grande da XXIX Festa do Caldo de Mourente vivirase este domingo 8 de marzo, co recibimento ás 12:30 horas das confrarías convidadas de España e Portugal, o pregón ás 13:00 horas a cargo da presentadora televisiva María Solar, o peche dos actos ás 14:00 horas e a posterior degustación de caldo galego.

Segundo explicaron na presentación do evento, o prezo da cunca de caldo será de 2 euros e a cazola de 5 euros.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora