A Orquesta La Ocaband, coa colaboración de Pepo Suevos e Manquiña, actúa este luns na Seca

Poio
02 de xaneiro 2023

Será a partir das 19.30 horas na carpa instalada na chaira. O espectáculo inclúe cantigas de nadal en varios ritmos e estilos como o rock ou o clásico para todos os públicos. Durante as primeiras tres tardes desta semana van desenvolverse diferentes actividades con karts, inchables e quads, entre outros elementos de lecer

O actor Manuel Manquiña
O actor Manuel Manquiña

'Un conto de Nadal' é o título do espectáculo que este luns se ofrece na Carpa situada na Seca, no municipio de Poio. Unha montaxe musical, que conta coa colaboración dos coñecidos actores Pepo Suevos e Manquiña, da Orquestra La Ocaband. Esta actuación que comezará ás 19.30 horas contará tamén coa participación especial de artistas locais e sorpresas

Esta proposta, que forma parte da programación festiva do Concello de Poio, tamén inclúe cantos do Nadal en varios ritmos e estilos desde o rock ata a música clásica para chegar a todos os públicos.

Desde as 16.00 horas, durante os tres primeiros días da semana, tamén nesta chaira realizaranse diferentes actividades de lecer con karts a pedais, quads, minis eléctricos, segways, inchables e máquinas recreativas vintage.

O martes 3 haberá unha festa infantil coa participación do DJ Javi Solla e o mércores será a quenda do Cantar de Reis, a partir das 18.00 horas.

Xa o xoves 5, con motivo da chegada dos Reis Magos, a partir das 10.45 horas, a comitiva real percorrerá as parroquias con paradas nas prazas e animación musical de Vides Novas, Charanga 112, Batucada Os Queimatasas e a Charanga Mil9 Roteiro Real. A recepción a Melchor, Gaspar e Baltasar levará a cabo a partir das 17.00 horas na carpa da Seca, con diferentes actividades de animación.