A Papanoelada moteira percorrerá a vila marinense o próximo domingo

Marín
16 de decembro 2019

Moteros Solidarios de Pontevedra presentou este luns a actividade xunto co concelleiro Manuel Santos

Presentación da Papanoelada moteira
Presentación da Papanoelada moteira / Concello de Marín

O próximo domingo, día 22 de decembro, a vila marinense volverá acoller a xa famosa Papanoelada moteira, na que a asociación Moteros Solidarios de Pontevedra repartirán caramelos entre os nenos e adultos que se vaian atopando no seu traxecto.

Membros do colectivo presentaron a Papanoelada no Concello, xunto co concelleiro Manuel Santos. O percorrido da mesma será por Seixo, Pardavila e outras parroquias durante a mañá do domingo, finalizando ás 14.00 horas na Alameda de Marín.

Desde a asociación destacan que esta iniciativa congrega cada ano "a máis e máis xente".

"Trátase dunha actividade moi especial polo seu carácter solidario e pedimos á xente que asista que vaia disfrazado na moto e que entreguen alimentos non perecedeiros", engaden. Esta recollida de alimentos irá destinada á asociación solidaria Sor Elvira.