Marín celebrará o sábado a súa tradicional Papanoelada moteira

Marín
13 de decembro 2021

A saída está prevista para as 17 horas desde a Escola Naval Militar e percorrerá parte do rural e do casco urbano.

Presentación da Papanoelada moteira de Marín do ano 2021
Presentación da Papanoelada moteira de Marín do ano 2021 / Concello de Marín

Os moteiros máis solidarios volverán visitar Marín este Nadal para recoller alimentos en pro dos máis desfavorecidos.

O concelleiro Manuel Santos e representantes da asociación de Moteiros Solidarios de Galicia presentaron esta mañá a Papanoelada moteira, que terá lugar o sábado 18 de decembro a partir das 17 horas.

Está previsto que a saída sexa da porta da Escola Naval, onde se instalará unha furgoneta para que cada motero poida depositar alí os alimentos non perecedoiros que queiran donar.

A caravana percorrerá o vial de Praias, Seixo, Santomé, o Lavadoiro de Troncosa, O Campo, a Rotonda da Torre, a Baixada de Mirón, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Raimundo Vázquez, Lameiriña e Banco Bilbao para rematar na parada na Alameda Rosalía de Castro.