O tenente de alcalde do Concello de Cerdedo- Cotobade, Fernando Vázquez, e membros da Comisión de Festas de Caroi presentaron o programa festivo que terá lugar o 11 e 12 de agosto na honra do Neno Xesús.
Así, o venres día 11 de agosto haberá churrasco e polbo servido pola Pulpería Fuchela, a partir das 21:30 horas, e a verbena amenizada pola Orquestra Capitol e Foliada de Ases.
O sábado 12 ás 13 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú a cargo da Banda de Música de Cerdedo. Pola tarde, a partir das 19 horas os máis cativos poderán disfrutar coa “Festa do Neno” con inchables e algunha sorpresa máis.
A Comisión anuncia que o bar estará xestionado por eles directamente e servirán bebidas a prezos anticrise. Tamén estará o recinto da festa cuberto por unha carpa.
O tenente de alcalde, Fernando Vázquez, agradeceu o esforzo dos membros da Comisión de Festas polo traballo e o esforzo que fan para ofrecer á veciñanza un programa festivo amplo e variado onde se combinan actividades de ámbito relixioso con outras de carácter gastronómico e lúdico.