A patronal apoia a ENCE e alerta da "gran repercusión" que tería o seu peche en Pontevedra

Pontevedra
28 de marzo 2019

A través dun comunicado, a CEOE esixe ao Goberno que manteña a prórroga concedida polo executivo de Mariano Rajoy, para que a empresa poida seguir ocupando terreos de Costas ata o ano 2073, e defenda a legalidade desta concesión ante a Audiencia Nacional

Antonio Garamendi, presidente da patronal española CEOE Confederación Española de Organizaciones Empresariales

A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) mostrou o seu apoio a Ence e alertou da "gran repercusión" que tería para Galicia que a compañía tivese que pechar a súa fábrica de Pontevedra.

A través dun comunicado, a CEOE esixe ao Goberno que manteña a prórroga concedida polo executivo de Mariano Rajoy, para que a empresa poida seguir ocupando terreos de Costas ata o ano 2073, e defenda a legalidade desta concesión ante a Audiencia Nacional.

A patronal sinala que cada día entran en Ence unhas 4.000 toneladas de madeira de eucalipto, o que supón case toda a produción das provincias de Pontevedra e A Coruña.

A este impacto económico, os empresarios engaden que a fábrica de Pontevedra é un "exemplo" de excelencia ambiental, de xeración de emprego e de contribución ao desenvolvemento económico de Galicia.

Da factoría que Ence ten en Pontevedra, segundo a patronal, dependen máis de 5.100 familias de maneira directa ou indirecta, xa que conta con 400 empregados fixos, aos que se suman 2.700 empregos en contratistas da área industrial, loxística e de transporte e máis de 2.100 postos de traballo no sector forestal que dependen da súa actividade. 

Entre outros datos económicos, a CEOE lembra que a celulosa de Ence supón a metade do tráfico do porto de Marín e que a compañía achega un 28% do PIB de Pontevedra e paga uns 33 millóns de euros en impostos pola súa actividade.

Ence, engade a patronal, o diñeiro investido ou comprometido para a súa fábrica de Pontevedra ascende a 122 millóns de euros, aos que se suma un programa de investimentos doutros 47 millóns de euros para mellorar a depuradora de Pontevedra, rehabilitar o Pazo de Lourizán, dinamizar o emprego forestal e impulsar a bioeconomía de Galicia.

Ademais, comprometeu un plan social en Pontevedra de 3 millóns cada ano durante a permanencia dos 60 anos de concesión para asociacións veciñais, deportivas, culturais ou vinculadas co sector do emprendemento. 

O Plan Estratéxico 2019-2023 contempla doutra banda un investimento de 350 millóns de euros durante o seguintes cinco anos en Pontevedra, o que "xerará aínda máis emprego e máis actividade económica" en Pontevedra e Galicia, segundo a CEOE.

Segundo os empresarios, a actual situación supón a perda de todos estes compromisos de investimento, "carrexando desemprego" e a perda do principal motor económico de Pontevedra e do sector forestal de Galicia.

A CEOE asegura que é "inexplicable" que se provoque por intereses "partidistas e minoritarios" a perda dunha dos principais actores industriais de Galicia, que se engadiría aos de Alcoa, as perdas de emprego polo ERE de Ferroatlántica ou o peche da central de Meirama.

Arquivado en