Os traballos na pavimentación dos camiños desta rede viaria se levarán a cabo no mes de marzo, contando cun orzamento de máis de 20.000 euros destinados polo Concello de Cuntis. A obra financiarase con cargo ao Plan Concellos da Deputación Provincial.
As concelleiras Conchi Campos e Ana Lourenzo mantiveron unha primeira xuntanza cos veciños de Bragaña usuarios desta vía, que puideron escoitar as principais liñas básicas de actuación.
Segundo explica o Concello, esta obra mellorará a interconexión co contorno e incidirá na calidade do tráfico para os residentes da zona.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, afirmaba que "trátase dun lugar de Cuntis que xa conta cos servizos básicos de saneamento e que agora completamos con esta mellora dos camiños da que se beneficiará un núcleo de aproximadamente 20 vivendas".
A pavimentación realizarase en formigón aglomerado en quente con triple rega asfáltica, e o seu orzamento global desagregarase en tres proxectos.