A permanencia de Ence dependerá da súa "apuesta" por "beneficiar muy directamente" á cidade

Pontevedra
17 de abril 2015

O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, garantiu que o Goberno do que forma parte será "absolutamente estricto, al mil por cien" na elaboración do informe sobre a viabilidade ambiental de Ence

Ethel Vázquez e Alfonso Rueda
Ethel Vázquez e Alfonso Rueda / Mónica Patxot

O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda, garantiu que o Goberno do que forma parte será "absolutamente estricto, al mil por cien" na elaboración do informe sobre a viabilidade ambiental de Ence

Así mesmo, esixirá á empresa "condiciones", consistentes nunha "apuesta clara" e un "compromiso muy fuerte" coa cidade, "si es que quiere continuar". A formulación sobre a posible permanencia de Ence na ría de Pontevedra non só atinxe ao aspecto ambiental, senón tamén ao "socioeconómico" e á "apuesta" de Ence por "beneficiar muy directamente" á cidade.

O vicepresidente asegurou que non existe ningunha negociación "abierta" con Ence, se ben puntualizou que "el informe medioambiental no se puede negociar, o se cumple o no se cumple".

Rueda que, xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, participou nunha reunión en Pontevedra con candidatos populares ás próximas eleccións municipais, avalou a "apuesta valiente" do cabeza de lista á alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira, pola continuidade da fábrica pastera e emprazou os candidatos dos demais partidos a posicionarse "a un mes de las elecciones" sobre este tema.

ELNOSA

Pola súa banda, Ethel Vázquez referiuse ao futuro de Elnosa mostrando a súa comprensión pola "preocupación" dos traballadores da empresa química, cuxo comité de empresa se comprometeu a recibir a próxima semana.

Sobre o acordo alcanzado coa dirección para o "cierre ordenado hasta 2018" e as posibilidades de recolocación das súas instalacións, Ethel Vázquez recordou que é a propia empresa a que ten que "analizar alternativas para otra situación", que serán analizadas pola Xunta e sinalou que o seu consellería ten en oferta chan empresarial "con precios rebajados al 50% en los polígonos industriales".

Arquivado en