A petición de indulto para Ana e Tamara irá ao Pleno Municipal de Pontevedra

Pontevedra
21 de maio 2014

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, comprometeuse a levar ao próximo pleno unha petición de adhesión da corporación municipal á solicitude de indulto para Ana e Tamara

Ana e Tamara foron condenados por un delito contra os dereitos dos traballadores
Ana e Tamara foron condenados por un delito contra os dereitos dos traballadores / Mónica Patxot
Declaracións de Ana e Tamara /

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, comprometeuse a levar ao próximo pleno unha petición de adhesión da corporación municipal á solicitude de indulto para Ana e Tamara.

Estas dúas mulleres poderían entrar no cárcere por participar nun piquete durante unha folga no ano 2010. A Audiencia de Pontevedra, en sentenza firme, impuxo unha condena de tres anos de prisión a estas monitoras de ximnasia nas piscinas de Campolongo. Foron condenadas por un delito contra os dereitos dos traballadores por coacción e outro de danos, presuntamente acontecidos durante unha mobilización de empregados de instalacións deportivas no complexo deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.

O alcalde enmarcou a situación de Ana e Tamara no "movemento de represión e persecución sindical por parte do Estado, a todo aquel que proteste polo empobrecemento da poboación de forma xeneralizada e eliminación dos dereitos dos traballadores mentres se recortan servizos públicos".

O alcalde pediu a revisión desa sentenza "claramente desproporcionada e inxusta", e trasladou o seu apoio a todas as medidas para que non se execute esta sentenza. Lores recalcou que Ana e Tamara son "dúas excelentes traballadoras cun comportamento incualificable e con informes favorables da propia empresa".

Ana e Tamara nunha comparecencia pública aseguraron sentirse "muy arropadas", nestes momentos tan difíciles para elas "es duro ser cabeza de turco".

"Muchísimas gracias a todos vosotros por apoyar nuestra causa", repetiron.