A plataforma de afectados pola PO-234 convocou unha xuntanza cos alcaldes de Cotobade e Ponte Caldelas, así como cos grupos políticos con representación en ambas as dúas corporacións.
Estes veciños temen que a Xunta faga só o tramo Laxoso-Augasantas "e rebaixando un par de curviñas" polo que queren deixar claro nesa xuntanza "que nós non queremos outro acordo que non pase polo arranxo completo do vial Ponte Caldelas-Laxoso-Aguasantas e, se por algún lado, teñen que empezar, que sexa polo de Ponte Caldelas a Laxoso que é o máis perigoso e o que ten maior complicación".
Dende a plataforma advirten que "de non ser así, estaremos dispostos a manifestarnos e incluso a paralizar as obras no momento en que se inicien", aseguraron.