PO-234, unha cacicada?

Caravana de protesta en Ponte Caldelas para reclamar a reforma da PO-234

A Xunta avanzará na licitación da reforma da PO-234 antes de que remate o ano

08/10/2018
Ponte Caldelas

O goberno galego promete licitar a segunda fase das obras da estrada PO-234, entre Ponte Caldelas e Laxoso este mesmo ano e o terceiro tramo, entre Laxoso e Portasouto durante o ano que vén. Así llo trasladou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, aos representantes da plataforma...

PontevedraViva
Reunión da Plataforma da PO-234 co alcalde de Ponte Caldelas

A plataforma da PO-234 reactívase "diante dos incumprimentos da Xunta"

02/10/2018
Ponte Caldelas

A plataforma da PO-234 retomou a súa actividade cunha xuntanza co alcalde de Ponte Caldelas á que seguirá outra co rexedor de Cerdedo-Cotobade e veñen de solicitar unha entrevista urxente coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, "diante dos incumprimentos da Xunta". Os membros da plataforma expresaron o seu malestar coa consellería...

Oskar Viéitez
A conselleira Ethel Vázquez

"Sorpréndeme o permanente enfado co resto do mundo do Concello de Ponte Caldelas"

28/02/2018
Ponte Caldelas

"O alcalde de Ponte Caldelas está permanentemente enfadado, eu aconsellaríalle autocrítica e que fale coas administracións". Así respondeu este mércores a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez á denuncia do rexedor caldelán Andrés Díaz sobre a existencia dunha "rede clientelar e caciquil da Consellería de Infraestruturas e algúns alcaldes do PP"...

Oskar Viéitez
Manifestación "Contra a cacicada da PO-234"

Ponte Caldelas denuncia a existencia de "instrucións internas" na AXI para "contribuír a enganar aos veciños"

27/02/2018
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas, gobernado pola coalición formada entre PSdeG-PSOE, BNG y AVP, denuncia a existencia de documentos, dentro do proxecto das obras de ampliación da PO-230, entre Serrapio e Vichocuntín (Cerdedo-Cotobade), que destapan a "rede clientelar e caciquil da Consellería de Infraestruturas e algúns alcaldes do PP para...

PontevedraViva
Andrés Díaz e Jorge Cubela co director da Axencia Galega de Infraestruturas

A Xunta inicia o proceso expropiatario da estrada PO-234 entre Ponte Caldelas e Laxoso

17/07/2017
Pontevedra

O proxecto de mellora da estrada PO-234 está dividido en tres fases e as dúas primeiras xa están moi encamiñadas. Así o deron a coñecer o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, que compareceron para anunciar...

PontevedraViva
Ethel Vázquez presentou o proxecto aos veciños de Augasantas

A Xunta licita a mellora da estrada PO-234 nun tramo de Cotobade

15/05/2017
Ponte Caldelas

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, anunciou este luns a licitación das obras de mellora do primeiro tramo da estrada PO-234, desde Portasouto ata Augasantas, que comezarán no terceiro trimestre deste ano, previsiblemente despois do verán. Así llo trasladou aos veciños nun acto de presentación desta obra neste concello...

Oskar Viéitez
Manifestación automobilística "pola cacicada da PO-234"

Ponte Caldelas achega 40.000 euros á Xunta para desbloquear as obras da estrada PO-234

12/05/2017
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas e a Xunta de Galicia achegaron este venres posturas para desbloquear as obras na perigosa estrada autonómica PO-234. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asistiu este venres a unha xuntanza de traballo co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, acompañado do delegado territorial,...

PontevedraViva
Manifestación "Contra a cacicada da PO-234"

Ponte Caldelas mantén a súa oferta á Xunta de pagar as expropiacións da PO-234

23/04/2017
Ponte Caldelas

O anuncio o pasado venres por parte da Xunta de Galicia de que asumirá as expropiacións necesarias para a reforma da estrada PO-308 non deixa de xerar reaccións. Unha deles é a do goberno bipartito de Ponte Caldelas, que interpreta o anuncio da administración autonómica como que o Concello de...

PontevedraViva
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas

Andrés Díaz reclama a Feijóo "normalizar" as relacións institucionais con Ponte Caldelas

22/03/2017
Ponte Caldelas

Para o alcalde de Ponte Caldelas sería un "erro" que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "limitara" as súas entrevistas aos alcaldes das sete grandes cidades galegas, deixando "oco" na súa axenda oficial só para os rexedores do Partido Popular. Así, Andrés Díaz pídelle "normalizar" as relación institucionais co...

PontevedraViva
Asemblea veciñal en Laxoso pola PO-234

Laxoso e Augasantas dan o seu visto bo ao acordo para reformar a PO-234

04/03/2017
Ponte Caldelas

As obras de reforma da estrada autonómica PO-234 xa contan con todas as bendicións de parte dos veciños de Laxoso (Ponte Caldelas) e Augasantas (Cerdedo-Cotobade), que en sendas asembleas, deron o seu visto bo ao proxecto e as prazos acordados entre os dous concellos e a administración titular deste viario,...

PontevedraViva
Xuntanza cos membros da Plataforma Non á cacicada da PO-234

O goberno local de Ponte Caldelas dará conta aos veciños do acordo coa Xunta na PO-234

25/02/2017
Ponte Caldelas

O goberno local de Ponte Caldelas, formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, reunirase o próximo sábado, día 5 de marzo, cos veciños de Laxoso (Ponte Caldelas) e Augasantas (Cerdedo-Cotobade) e cos membros da plataforma para explicar os resultados da xuntanza celebrada esta semana co director xeral da...

Oskar Viéitez
Andrés Díaz

Os populares de Ponte Caldelas critican ao concello por malgastar e perder o tempo

24/02/2017
Ponte Caldelas

O Partido Popular de Ponte Caldelas critica que a mala xestión do alcalde, Andrés Díaz do proxecto de mellora da estrada PO-234, vai custar 40.000 euros aos veciños e un ano de atraso na obra. Os populares celebran que "por fin" o Concello de Ponte Caldelas vaia a poñer a disposición...

Oskar Viéitez
Manifestación automobilística "pola cacicada da PO-234"

Ponte Caldelas esixe á Xunta que comece xa as obras da PO-234

18/02/2017
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas lémbralle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que o pasado mes de novembro quedou en volver sentarse co alcalde, Andrés Díaz, "despois das festas de Reis" para falar das obras da estrada autonómica PO-234. Sen embargo, entrados na recta final do mes de febreiro, non...

PontevedraViva
Encontro entre a Plataforma que pide a reforma da PO-234 e representantes do goberno local de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas reclamará da Xunta un convenio vinculante para as obras da PO-234

02/12/2016
Ponte Caldelas

A Xunta de Goberno local de Ponte Caldelas acordou solicitar da Consellería de Infraestruturas a sinatura dun convenio vinculante para a execución das obras na estrada autonómica PO-234. A decisión produciuse despois de estudar o protocolo achegado pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, durante a xuntanza que mantivo co alcalde,...

PontevedraViva
Xuntanza coa conselleira de infraestructuras pola PO-234

Os populares de Ponte Caldelas esixen ao alcalde que consiga os terreos para a PO-234

01/12/2016
Ponte Caldelas

O Partido Popular de Ponte Caldelas volve esixir ao alcalde que traballe na consecución dos terreos para a reforma da PO-234. Na reunión mantida este mércores entre a conselleira de Infraestruturas e os alcaldes de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, a Xunta deixou claro que executará toda a obra en canto dispoña...

PontevedraViva
Manifestación "Contra a cacicada da PO-234"

O alcalde de Ponte Caldelas e a conselleira de Infraestruturas sentarán a falar da PO-234

29/11/2016
Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, participará este mércores nunha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. O rexedor adiantou que leva como obxectivo volver reclamarlle que afronte a mellora integral da estrada autonómica PO-234, "en lugar de limitar os traballos ao pequeno tramo cotobadés, unha polémica medida anunciada...

Oskar Viéitez
José Manuel Rey e Cores Tourís

Cores Tourís sigue de tour, hoxe: Ponte Caldelas, Cambados e Caldas de Reis

25/11/2016
Ponte Caldelas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou este venres visitas institucionais aos concellos de Ponte Caldelas, Cambados e Caldas de Reis. PONTE CALDELAS Entre as principais necesidades que demandou o rexedor de Ponte Caldelas ao delegado territorial atópanse cuestións relacionadas coas infraestruturas e educación. Andrés Díaz entregoulle un...

Oskar Viéitez
Pleno do Concello de Ponte Caldelas

Andrés Díaz afirma que a Xunta inviste 50 veces máis en Cotobade que en Ponte Caldelas

25/11/2016
Ponte Caldelas

O Pleno do Concello de Ponte Caldelas aprobou unha moción do goberno local na que se expresa ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o malestar pola que os concelleiros do equipo de goberno entenden que é unha discriminación por parte da administración autonómica coa vila. Neste sentido,...

PontevedraViva
Caravana de protesta en Ponte Caldelas para reclamar a reforma da PO-234

Dous quilómetros de coches para pedir o arranxo integral da PO-234

13/11/2016
Ponte Caldelas

Unha caravana formada por ao redor de 200 turismos, que chegou a ocupar unha extensión de dous quilómetros de estrada, plasmou este domingo o malestar veciñal polo estado en que se atopa a PO-234. Os condutores facendo soar as súas bucinas reivindicaron á Xunta de Galicia que se acometan as...

PontevedraViva
Xuntanza dos afectados pola PO-234 cos alcaldes de Cotobade e Ponte Caldelas

O Concello xa ten os terreos para reformar a PO-234 no treito de Cotobade

11/11/2016
Cerdedo Cotobade

Os terreos necesarios para afrontar a mellora da PO-234, no treito que pasa por Cotobade, xa son de propiedade municipal. Así o comunica o Concello de Cerdedo-Cotobade tras asinar todas as cesións de terreos cos propietarios afectados pola obra nesta estrada. O Concello xa dispoñía do documento formal de cesión por...

PontevedraViva
Equipo de goberno de Ponte Caldelas na estrada PO-234

VÍDEO.- Así de perigoso é circular pola PO-234 ao seu paso por Ponte Caldelas

08/11/2016
Ponte Caldelas

Ponte Caldelas será escenario este próximo domingo 13 dunha nova marcha de protesta para reclamar da Xunta de Galicia o arranxo integral da estrada PO-234, un dos viais máis perigosos da Rede Autonómica de Estradas. A protesta foi organizada conxuntamente pola plataforma veciñal e polo Concello de Ponte Caldelas. A manifestación...

PontevedraViva
Encontro entre a Plataforma que pide a reforma da PO-234 e representantes do goberno local de Ponte Caldelas

Unha caravana de coches, novo acto de protesta para reclamar a mellora da PO-234

27/10/2016
Ponte Caldelas

Unha caravana de vehículos percorrerá a estrada PO-234 durante a mañá do próximo domingo 13 de novembro. É a decisión adoptada pola plataforma veciñal e o goberno local de Ponte Caldelas despois da reunión que mantiveron na que mostraron a súa preocupación pola pasividade da Xunta de Galicia tras a...

PontevedraViva
Manifestación "contra a cacicada da PO-234"

Andrés Díaz critica a "indefensión" na que a Xunta Electoral deixou aos afectados pola PO-234

21/10/2016
Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, critica a "indefensión" que sufriron os veciños e políticos da localidade ante a resolución da Xunta Electoral Provincial que impedía a celebración da manifestación contra a 'cacicada da PO-234' durante a campaña electoral das autonómicas o 17 de setembro.  Andrés Díaz afirma estar "moi...

PontevedraViva
Encontro de Núñez Feijóo con veciños de Cotobade e Cerdedo na carballeira de San Xusto

Alberto, hai unha carta para ti... desde Ponte Caldelas

03/10/2016
Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas acaba de solicitar por carta unha entrevista ao presidente da Xunta de Galicia electo o pasado 25 de setembro, Alberto Nuñez Feijóo, para instarlle a abrir unha "nova etapa" de diálogo e investimentos "igualitarios" no municipio coincidindo coa nova lexislatura autonómica. Así o acordou a Xunta...

PontevedraViva
Manifestación "contra a cacicada da PO-234"

Centos de veciños saen á rúa para instar á Xunta a rectificar a "cacicada da PO-234"

01/10/2016
Ponte Caldelas

Veciños de Ponte Caldelas e de Cotobade saíron na mañá deste sábado á rúa para protestar pola "cacicada da PO-234", é dicir, a decisión adoptada pola Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia de "acondicionar unicamente o tramo cotobadense nesta estrada autonómica, abandonando a reforma das perigosas curvas de Laxoso",...

PontevedraViva
Xuntanza da Plataforma polo arranxo da estrada autonómica PO-234

Piden á Xunta que rectifique os seus plans para a estrada autonómica PO-234

28/09/2016
Ponte Caldelas

A plataforma polo arranxo da estrada autonómica PO-234 entre Ponte Caldelas e Cotobade reiterou o seu apoio á mobilización convocada polo Concello de Ponte Caldelas para este sábado, día 1 de outubro, "toda vez que a Xunta de Galicia non ten comunicado ningunha nova que induza a pensar que a...

Oskar Viéitez
Asemblea informativa sobre a reforma da PO-234

Os veciños de Laxoso e Aguasantas piden a "reforma da totalidade" e non por fases da PO-234

17/09/2016
Ponte Caldelas

Os veciños de Laxoso e Aguasantas acordaron esixir, a partir de agora, a reforma "da totalidade da PO-234", rexeitando por tanto a súa execución en fases. É unha das conclusións da asemblea informativa convocada polo goberno local de Ponte Caldelas tras a prohibición da manifestación prevista por parte da xunta electoral.  Produciuse...

PontevedraViva
Andrés Díaz, xunto a membros do seu goberno e veciños de Laxoso

A Xunta Electoral prohíbe a manifestación deste sábado pola "cacicada da PO-234"

16/09/2016
Ponte Caldelas

A Xunta Electoral Provincial estimou a denuncia do Partido Popular e prohíbe a celebración este sábado da manifestación "contra a cacicada da PO-234". O goberno local de Ponte Caldelas cre que "a estreita colaboración entre o Partido Popular e o subdelegado do Goberno, Antonio Coello, serviu para acadar os seus obxectivos". A...

Oskar Viéitez
Consello da Xunta

O goberno local de Ponte Caldelas invita á Xunta a rectificar "a cacicada da PO-234"

12/09/2016
Ponte Caldelas

A Xunta de Goberno local de Ponte Caldelas tomou coñecemento este luns do texto do manifesto que se vai ler ao remate da manifestación convocada para o próximo sábado, día 17, en protesta pola "cacicada da PO-234". O texto incide na necesidade de que as obras comecen polo tramo más perigoso,...

PontevedraViva
Plataforma de afectados pola PO-234 e a Asociación de vecinos de Aguasantas

Solicitan á Xunta que empece as obras da PO-234 polo tramo Ponte Caldelas-Laxoso

12/09/2016
Ponte Caldelas

A plataforma de afectados pola PO-234 e a asociación de vecinos de Aguasantas reuníronse este domingo para falar do proxecto de arranxo desta estrada. Estas organizacións coincidiron en solicitar á Xunta que empece as obras polo tramo que vai de Ponte Caldelas a Laxoso "por un motivo máis que lóxico, a...

Oskar Viéitez
Reunión dos afectados pola estrada de Laxoso a Augasantas

A plataforma de afectados pola PO-234 apoiará a manifestación contra o proxecto

10/09/2016
Ponte Caldelas

A plataforma veciñal de Ponte Caldelas e Cotobade para o arranxo da estrada autonómica PO-234 participou nas asembleas convocadas polo equipo de goberno de Ponte Caldelas e o grupo municipal do Partido Popular e decidiu apoiar a manifestación convocada polo Concello de Ponte Caldelas para o próximo sábado, día 17,...

PontevedraViva
Andrés Díaz, xunto a membros do seu goberno e veciños de Laxoso

Ponte Caldelas sairá á rúa ante a "cacicada" da PO-234 entre a Xunta e Cotobade

08/09/2016
Ponte Caldelas

Sábado 17 de setembro. É a data elixida polo goberno municipal de Ponte Caldelas, de acordo cos veciños de Laxoso, para celebrar unha gran manifestación popular contra o que deron en chamar a "cacicada da PO-234" e a discriminación "sistemática" da Xunta de Galicia contra este municipio pontevedrés. A manifestación sairá...

PontevedraViva
Reunión dos veciños de Laxoso co Goberno local

O alcalde de Ponte Caldelas, en pé de guerra ante a Xunta pola estrada de Laxoso

07/09/2016
Ponte Caldelas

A decisión da Xunta de Galicia de limitar as obras de arranxo da estrada PO-234 ao tramo que percorre Cotobade sentou moi mal no goberno local de Ponte Caldelas. O alcalde Andrés Díaz anuncia que se poñerá diante das máquinas con todo o equipo de goberno para esixir que "free a...

PontevedraViva
Alfonso Rueda e José Manuel Cores Tourís, na sede do PP provincial

Ponte Caldelas denuncia o bloqueo da Xunta ás obras da PO-234 Laxoso-Augasantas

22/04/2016
Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, denunciou publicamente a "falta de colaboración da Xunta de Galicia" para abordar un dos problemas que está a suscitar maior preocupación social no seu municipio, como é o "pésimo estado" da estrada PO-234 entre Laxoso e Augasantas, un vial moi transitado que...

PontevedraViva
Reunión da Plataforma de Afectados pola PO-234

A plataforma de afectados pola PO-234 esixe que a estrada se reforme "dunha tacada"

05/04/2016
Ponte Caldelas

A plataforma de afectados pola PO-234 convocou unha xuntanza cos alcaldes de Cotobade e Ponte Caldelas, así como cos grupos políticos con representación en ambas as dúas corporacións. Estes veciños temen que a Xunta faga só o tramo Laxoso-Augasantas "e rebaixando un par de curviñas" polo que queren deixar claro nesa...

PontevedraViva
Reunión da Plataforma de Afectados pola PO-234

Apoio pleno das corporacións de Ponte Caldelas e Cotobade á petición de reforma da PO-234

02/04/2016
Ponte Caldelas

As corporacións municipais de Ponte Caldelas e Cotobade aprobarán no próximo pleno, con apoio de todas as forzas políticas, unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma de Afectados pola PO-234. Así llo fixeron saber os representantes políticos á plataforma tras unha reunión á que acudiron os alcaldes de Cotobade e...

PontevedraViva
Plataforma de Afectados pola carretera PO-234

A plataforma de afectados da estrada PO-234 di que non están manipulados políticamente

07/03/2016
Ponte Caldelas

A plataforma de afectados da estrada PO-234, emitiu un comunicado co que  queren desmentir as palabras de portavoz do Partido Popular de Ponte Caldelas, Ricardo Castro, nas que acusa aos veciños de Laxoso de ser "manipulados" polo alcalde, Andrés Díaz. No seu escrito sinalan que a súa plataforma está conformada "sen...

PontevedraViva
Asemblea dos veciños de Laxoso

O PP de Ponte Caldelas acusa o alcalde de manipular aos veciños de Laxoso sobre a PO-234

06/03/2016
Ponte Caldelas

O Partido Popular de Ponte Caldelas acusa o alcalde do municipio, Andrés Díaz, de manipular aos veciños de Laxoso en relación coa PO-234. Respectan a decisión dos veciños de constituír unha plataforma de afectados pola estrada, pero lamentan "que estean a ser utilizados" polo rexedor "na súa estratexia de ataque...

PontevedraViva
Plataforma de Afectados pola carretera PO-234

Ponte Caldelas critica a "tomadura de pelo" da Xunta ao presentar un plano de 1905 para falar da mellora da PO-234

04/03/2016
Ponte Caldelas

Veciños de Laxoso e varias parroquias de Cotobade conformaron este xoves oficialmente a Plataforma de Afectados pola estrada PO-234 co nomeamento dunha xunta directiva paritaria entre veciños dos lugares implicados, que se encargará de coordinar os labores de intermediación coas administracións e iniciar unha recollida de sinaturas solicitando o arranxo...

PontevedraViva
Asemblea dos veciños de Laxoso

Nace a plataforma de afectados pola PO-234 cun cento de persoas anotadas

19/02/2016
Ponte Caldelas

Máis cen persoas de persoas anotáronse para conformar a Plataforma de Afectados pola Estrada PO-234 que naceu formalmente no transcurso da asemblea veciñal celebrada na Casa do Pobo de Laxoso á que tamén asistiron o alcalde, Andrés Díaz, o tenente de alcalde de AVP, Alfonso Gutiérrez, o tenente de alcalde...

PontevedraViva
Concelleiros do PP en Ponte Caldelas

O PP de Ponte Caldelas esixe a Andrés Díaz "que non culpe a outros da súa incompetencia"

11/02/2016
Ponte Caldelas

O Partido Popular de Ponte Caldelas esixe ao alcalde, Andrés Díaz, "que non culpe a outras administracións da súa incompetencia", en referencia á estrada PO-234 da que existe un proxecto de reforma valorado en 2 millóns e medio de euros redactado a petición do anterior alcalde, Perfecto Rodríguez (PP). "O que...

PontevedraViva
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas

A reforma da estrada PO-234 é a "crónica dunha cacicada anunciada"

10/02/2016
Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz ve nas palabras do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís "a crónica dunha cacicada anunciada" en referencia á estrada PO-234 entre Laxoso e Augasantas e "a búsqueda dunha xustificación para arranxar o vial no termo municipal de Cotobade, o que ten...

PontevedraViva
A conselleira Ethel Vázquez na súa visita ao Concello de Cotobade

Ethel Vázquez supervisa en Cotobade varios proxectos de accesibilidade e seguridade viaria

03/02/2016
Cerdedo Cotobade

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou unha visita ao concello de Cotobade para abordar unha serie de proxectos de accesibilidade e seguridade viaria. "Son obras que redundarán en maiores servizos e na mellora da calidade de vida dos 4.300 veciños de Cotobade", sinalou Vázquez, quen estivo acompañada...

PontevedraViva
O alcalde de Cotobade cos representantes da Asociación de veciños de Augasantas (arquivo)

Os veciños de Augasantas demandan o ensanche da estrada PO-234 a Ponte Caldelas

29/10/2015
Cerdedo Cotobade

Representantes da asociación de veciños de Augasantas mantivo este xoves un encontro de traballo co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, no que os veciños demandaron o ensanche da estrada PO-234 que comunica con Ponte Caldelas. O alcalde trasladoulles o compromiso de que a mellora desta estrada autonómica será "unha prioridade para...

PontevedraViva
Equipo de goberno de Ponte Caldelas na estrada PO-234

En pé de guerra contra a Xunta pola mellora da estrada autonómica PO-234

24/10/2015
Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas levará ao Parlamento galego a súa esixencia de que se acometa a mellora da estrada autonómica PO-234, entre Laxoso e Augasantas, que non aparece incluída nos orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. Pese a existir un proxecto realizado hai tempo e valorado nuns dous millóns...

PontevedraViva
Reunión dos veciños de Laxoso co Goberno local

Os veciños de Laxoso esíxenlle á Xunta a mellora da estrada de Augasantas

13/10/2015
Ponte Caldelas

Os veciños de Laxoso pedíronlle ao equipo de goberno de Ponte Caldelas que lidere unha serie de “mobilizacións activas” co fin de esixirlle á Xunta de Galicia a mellora da estrada de Augasantas (PO-234), unha vella reivindicación da seguridade vial dos residentes nesta zona e que pese a diferentes estudios...

PontevedraViva