A plataforma de afectados da estrada PO-234, emitiu un comunicado co que queren desmentir as palabras de portavoz do Partido Popular de Ponte Caldelas, Ricardo Castro, nas que acusa aos veciños de Laxoso de ser "manipulados" polo alcalde, Andrés Díaz.
No seu escrito sinalan que a súa plataforma está conformada "sen siglas políticas, unicamente por veciños e veciñas comprometidos cunha única causa, o arranxo da estrada PO-234".
A vicepresidenta e vicevoceira Cristina Quinteiro quere deixar constancia da "capacidade intelectual" de todos os veciños e esclarecer que "en ningún caso están a ser manipulados por ningún grupo político".
Ademáis sinala que lle gustaría saber de onde sacou dita información Ricardo Castro dado que nunca se dirixiu a ningún membro da plataforma nin asistiu a ningunha reunión.
Dende a plataforma rematan o comunicado solicitando "a máxima colaboración".