O PP de Ponte Caldelas esixe a Andrés Díaz "que non culpe a outros da súa incompetencia"

Ponte Caldelas
11 de febreiro 2016

O Partido Popular de Ponte Caldelas esixe ao alcalde, Andrés Díaz, "que non culpe a outras administracións da súa incompetencia", en referencia á estrada PO-234 de exístea un proxecto de reforma valorado en 2 millóns e medio de euros redactado a petición do anterior alcalde, Perfecto Rodríguez (PP)

Concelleiros do PP en Ponte Caldelas
Concelleiros do PP en Ponte Caldelas / PP de Ponte Caldelas

O Partido Popular de Ponte Caldelas esixe ao alcalde, Andrés Díaz, "que non culpe a outras administracións da súa incompetencia", en referencia á estrada PO-234 da que existe un proxecto de reforma valorado en 2 millóns e medio de euros redactado a petición do anterior alcalde, Perfecto Rodríguez (PP).

"O que ten que facer Andrés Díaz é poñer os terreos a disposición da Xunta por escrito, o que ocorre é que iso require dunha capacidade para xestionar", afirmou o portavoz popular Ricardo Castro. "Debe facer como o alcalde de Cotobade, que está a xestionar a cesión dos terreos á Xunta e non dedicarse a facerse tantas fotos co equipo de goberno no medio da estrada".

O Partido Popular considera que hai que poñer por diante os intereses dos veciños de Ponte Caldelas e non que Andrés Díaz busque "facer méritos ante a dirección socialista atacando á Xunta".

Critica tamén o Partido Popular a maneira que ten Andrés Díaz de levar as negociacións coa Xunta primeiro "difamando" á Conselleira e despois "faltando ao respecto" ao delegado da Xunta en Pontevedra, "se así é como pretende ter mais investimentos véxoo complicado, a esas reunións hai que ir con vontade de diálogo, isto demostra moi pouca capacidade de xestión" recalcou Ricardo Castro.

EMERXENCIAS

Sobre o mal funcionamento dos servizos de emerxencias o Partido Popular lembra que unha das primeiras decisións do tripartito foi rescindir o convenio coa agrupación de Protección Civil que daba servizo a Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes, causando con iso a súa disolución.

Para "tapar este fracaso" Andrés Díaz anuncio unha reunión cos alcaldes de Cotobade, A Lama, Fornelos de Montes e Soutomaior para crear unha nova agrupación de Protección Civil, "non querendo participar ningún alcalde, nin sequera o alcalde socialista de Fornelos de Montes, pola falta de seriedade e compromiso de Andrés Díaz", afirma o PP.

Pouco despois constituíuse unha agrupación que dá servizo a Fornelos de Montes, A Lama, Covelo e Mondaríz quedando excluída Ponte Caldelas pola falta de capacidade de Andrés Díaz para "xestionar a adhesión e a pouca credibilidade que lle dan os outros alcaldes".

Arquivado en